IES n°1 de Señorín
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
IES nº 1 de Señorín | |
---|---|
Fachada principal do instituto | |
Enderezo | |
Señorín, O Carballiño | |
Datas | |
Inauguración | 1976 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Na rede | |
Web |
O IES nº 1 de Señorín é un centro público de ensino secundario da vila do Carballiño.
Historia
[editar | editar a fonte]O 29 de marzo de 1969 o Pleno do Concello do Carballiño, presidido por Javier Perea, cedeu uns terreos de monte comunal da parroquia de Señorín, no monte da Pena ou da Moa, ao Ministerio de Educación e Ciencia. O 27 de xuño de 1976 o centro foi inaugurado polos reis de España Xoán Carlos e Sofía. Até entón, o alumnado debía desprazarse até Ourense ou Ribadavia para facer o ensino secundario. Ao longo a da historia do Instituto houbo varios intentos de cambiar o nome do Centro, pero nunca se deu chegado a un consenso.
No primeiro curso tivo arredor de 190 alumnos e alumnas, cifra que foi aumentando progresivamente ata chegar a contar a comezos da década de 1990 con máis de 850 alumnos. Desde entón a cifra foi minguando, até uns 300 alumnos aproximadamente. Chegou a haber, nalgúns casos, arredor de 40 alumnos por aula. Actualmente nas aulas hai unha media de 25 alumnos por aula.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Aulas de informática, aulas de tecnoloxía con sección de robótica e impresión 3D, unha biblioteca con máis de 14.000 volumes, aulas grandes con pantallas dixitais e proxector, pavillón de deportes e ximnasio así como cunha cafetería. Ao longo da súa historia foi sendo obxecto de distintas ampliacións e melloras. Existe tamén unha mellora a calefacción, o saneamento e a fontanería. Outra ampliación foi a zona para construír o pavillón de deportes.
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]José Antonio Barge, quen exerceu como Director durante 18 anos aproximadamente. Outros docentes que estiveron longo tempo no centro foron José Luis García (Cátedra de Lingua Castelá) , Gisleno Otero Nóvoa (Cátedra de Matemáticas) e Xulio Álvarez Crespo alias O Biólogo de Señorín (Bioloxía)
Actividades e proxectos
[editar | editar a fonte]O centro contou con distintos equipos deportivos en distintas especialidades como fútbol, baloncesto, atletismo ou bádminton.
Ao longo da historia no centro publicáronse varias revistas escolares. Unha das primeiras foi a revista Avelaíña. En 1989 será cando se publique a revista Diseño, que á súa vez sería o antecedente da revista Portátil, da que se levan publicado máis de 35 números nos últimos 28 anos.
O alumnado participa en concursos de distinto tipo, algúns cun carácter interno e outros que teñen unha dimensión máis ampla. Alumnos e alumnas do Centro foron gañadores de concursos como o de Coca Cola, Concurso de Regueifas, Club de Debate[1]etc., todos eles a nivel autonómico. Os obxectivos que se perseguen, entre outros, son os de mellorar a capacidade creativa, a capacidade de improvisación ou a capacidade para pensar e razoar do alumnado.
Ao longo de cada curso organízanse actividades complementarias e extraescolares como: competicións deportivas para celebrar os magostos, festivais como o de Nadal, con actuacións de teatro, canto etc. Non faltan tampouco as excursións a distintos lugares de Galicia ou a lugares tan dispares como: Madrid, Granada, Roma, París etc. No IES leváronse a cabo moitos proxectos de todo tipo e relativos a diversos ámbitos. Un dos moitos proxectos de recoñecido prestixio constituíuno a “Aula da Natureza e da Experimentación”, pola que o Centro recibiu no ano 1992 o primeiro premio nacional á educación ambiental e defensa da natureza. O proxecto xiraba arredor de dous eixes fundamentais: a conservación do medio ambiente e a astronomía.
No que concirne ás cualificacións do alumnado, este instituto sempre se situou como un dos mellores da provincia e mesmo de Galicia cun alto índice de aprobados[2] (máis dun 90% no curso 2017-2018, por exemplo)[3] e cuns excelentes resultados tanto nas antigas probas de Selectividade coma nas actuais ABAU, colocándose nos últimos anos entre os 4 ou 5 centros de referencia de Galicia con notas que fluctuan arredor do 7.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torrado, Diego (7 de marzo de 2015). "El IES Nº1 de O Carballiño gana el Club de Debate; el Luis Seoane también pasa a la final gallega". Pontevedra Viva.
- ↑ "Alumnado del IES Nº 1 do Carballiño, entre los mejores expedientes gallegos de 2017". Faro de Vigo (en castelán). 29 de xuño de 2017.
- ↑ Muleiro, M. (27 de xullo de 2018). "El IES número 1 cierra un año de cifras “excelentes"". La Región.