Saltar ao contido

I Against I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I Against I
Álbum de Bad Brains
Publicado21 de novembro de 1986
Duración31:53
Xénero(s)metal alternativo, hardcore punk, funk rock, funk metal
Selo(s)SST Records
Producido porRon Saint Germain
Cronoloxía
Rock for Light
(1983)
I Against I Live
(1988)

I Against I é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Bad Brains, publicado o 21 de novembro de 1986 a través do selo SST Records. Trátase do álbum máis vendido do grupo e nel Bad Brains diversifica o seu son incorporando ao seu primeiro hardcore punk elementos de música funk, soul, reggae e heavy metal. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[1]

O título I Against I (eu contra eu) presumiblemente refírese á frase común rastafari I and I (eu e eu), que se usa en lugar da primeira persoa do plural (é dicir, nós) para significar a unión do falante, o público e Jah (Deus) en amor e paz.

Por suxestión do produtor, as voces de "Sacred Love" foron gravadas por teléfono dende a prisión onde H.R. cumpría condena por posesión de marihuana.[2]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Paul Hudson, Darryl Jenifer, e Gary Miller, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Intro"  Jenifer, Miller 1:02
2. "I Against I"    2:50
3. "House of Suffering"  P. Hudson, Miller 2:29
4. "Re-Ignition"    4:16
5. "Secret 77"    4:04
6. "Let Me Help"    2:17
7. "She's Calling You"  P. Hudson, Jenifer 3:42
8. "Sacred Love"    3:40
9. "Hired Gun"    3:45
10. "Return to Heaven"    3:19
31:53
Bad Brains
Produción
  • Ron Saint Germain - produtor
  • Phil Burnett - enxeñeiro de son
  • Patch - mestura
  • Jesse Henderson; Bill Ryan - enxeñeiros auxiliares
  • Eddie Krupski; Dennis Mitchell - mesturas adicionais
  • Bob Ludwig - materización
  • Marcia Resnick - fotografía, concepto da portada
  • Paul Bacon Studio - caligrafía e desenvolvemento
  1. "Bad Brains - I Against I - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-19. 
  2. Abrams, Howie (2017-01-10). "How H.R. From Bad Brains Recorded 'Sacred Love' From Jail". CLRVYNT (en inglés). Consultado o 2024-08-23.