Iago Herrerín
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Iago Herrerín Buisán 25 de xaneiro de 1988 (36 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,87 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 13 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Iago Herrerín Buisán, nado en Bilbao o 25 de xaneiro de 1988, é un futbolista vasco de orixe galega, que xoga de porteiro no Sestao River, da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios en Cantabria e Biscaia
[editar | editar a fonte]Naceu no Hospital de Basurto de Bilbao, de pai vigués, e criouse en Castro Urdiales desde os cinco anos.[1] Nesta localidade cántabra comezou a formarse ata que en 2002 iniciou a súa formación en equipos de Biscaia.[2][3] Primeiro pasou pola canteira do Sestao River e, tras unha tempada, entrou na canteira do Danok Bat bilbaíno, onde permaneceu dúas tempadas.[4][5] En 2005 fichou polo equipo xuvenil do Athletic Club e, á tempada seguinte, ascendeu ao segundo filial do Athletic, o Basconia. No segundo filial estivo media tempada, disputando a outra metade de tempada no Barakaldo. O club cedeuno, en xaneiro de 2007, como parte do traspaso de Unai Alba ao Athletic Club. Na tempada 2007-08, subiu ao Bilbao Athletic. Na súa primeira tempada compartiu os minutos con Raúl Fernández, co que xa coincidira no Basconia e no xuvenil. Tras a marcha deste foi o porteiro titular do filial nas seguintes dúas tempadas, chegando a participar na pre tempada do primeiro equipo.[6]
Atlético de Madrid B
[editar | editar a fonte]En 2010 decidiu non renovar co Athletic, xa que non contaba coa confianza do adestrador Joaquín Caparrós.[7] O técnico andaluz apostou pola volta de Raúl tras a retirada de Armando para ascender ao primeiro equipo. Finalmente decidiu aceptar a oferta que lle presentou José María Amorrortu para asinar polo Atlético de Madrid B, onde completou dúas tempadas como titular e algunha convocatoria co primeiro equipo.[8] Mesmo, o 8 de xaneiro de 2011, foi capaz de marcar un gol ao Xetafe B cun disparo desde a súa portaría.[9][10]
Cesión ao Numancia
[editar | editar a fonte]En xullo de 2012 a dirección deportiva do Athletic Club, encabezada por Amorrortu, decidiu ofrecerlle un contrato de dúas tempadas para que regresase despois de non renovar o seu anterior contrato co club madrileño. Con todo, inmediatamente saíu cedido ao CD Numancia, onde foi titular por diante de Biel Ribas.[11] En 2013, coa chegada de Ernesto Valverde, incorporouse definitivamente ao Athletic e foi Raúl o que marchou ao club soriano.[12][13]
Athletic Club
[editar | editar a fonte]O 23 de agosto de 2013, con Iraizoz lesionado, debutou como porteiro do Athletic Club nun triunfo contra Osasuna (2-0).[14] O partido xogouse en Anoeta porque o novo estadio de San Mamés non estaba aínda dispoñible. Tamén foi titular no primeiro partido do novo estadio, disputado o 16 de setembro, ante o Celta de Vigo (3-2).[15] Na súa primeira tempada, Ernesto Valverde apostou por darlle a titularidade na Copa e optou por Iraizoz para a liga. Na súa segunda tempada, ademais de na Copa, foi o elixido para disputar os partidos da Europa League.[16] O 30 de maio xogou a final da Copa do Rei, onde, a pesar de render a gran nivel, acabou con derrota por 3-1 ante o FC Barcelona.[17] A súa actuación en semifinais, ante o RCD Espanyol, fora decisiva para chegar á final.[18] O 17 de agosto conseguiu o seu primeiro título, a Supercopa de España, aínda que non disputou ningún dos dous partidos.[19] Finalizou a tempada 2015-16 disputando 24 partidos, 16 deles de Europa League. Foi un dos mellores xogadores do equipo durante toda a competición europea.[20] Nos oitavos de final, ante o Valencia, realizou unha intervención decisiva a Paco Alcácer nos minutos finais.[21] En cuartos de final, ante o Sevilla, foi elixido no once ideal da xornada, aínda que non puido deter ningún lanzamento na quenda de penaltis.[22] Na tempada 2016-17, a competencia aumentou coa chegada de Kepa Arrizabalaga. Finalmente, foi elixido como titular na Europa League.[23]
Cesión ao Leganés
[editar | editar a fonte]O 30 de novembro anunciouse a súa cesión ao CD Leganés en substitución do lesionado Serantes.[24] O 18 de decembro sufriu a súa primeira expulsión como profesional, contra a SD Eibar, cando impactou con Takashi Inui nun lance do xogo.[25] O 4 de febreiro detivo o seu primeiro penalti en Primeira División, contra Antoine Griezmann, do Atlético de Madrid.[26] Nos seis meses que permaneceu no equipo madrileño foi o titular indiscutible, por diante de Nereo Champagne e Alberto Brignoli, sendo unha paza importante para conseguir a permanencia.[27][28][29]
Volta ao Athletic Club
[editar | editar a fonte]Coa chegada de Ziganda ao banco, foi elixido para ser titular na Europa League 2017-18, onde tivo boas actuacións.[30][31][32] O 16 de decembro xogou o seu primeiro derbi vasco contra a Real Sociedade por lesión de Kepa.[33] O 10 de xaneiro anunciouse a súa renovación ata 2021, en boa parte, debido ás grandes actuacións que estaba asinando na Liga e na Europa League.[34][35][36] O 19 de xaneiro detivo o seu primeiro penalti co equipo vasco, tras un disparo de Jorge Molina no coliseo Alfonso Pérez.[37]
Un día despois da marcha de Kepa ao Chelsea, o 9 de agosto, sufriu unha lesión muscular no brazo dereito que lle impediu participar nos dous primeiros meses de competición.[38] O 21 de outubro regresou á aliñación tras recuperarse da lesión, sendo decisivo no empate visitante ante o SD Eibar (1-1). [39] Tras a destitución de Berizzo un mes despois, Garitano mantívoo no once por diante de Unai Simón.[40] O 7 de xaneiro de 2019 asinou unha asistencia de gol, que completou Iñaki Williams, para darlle a vitoria ao equipo por 1 a 2 en Balaídos.[41] O 3 de marzo, Rodrigo puxo fin á súa racha de 363 minutos sen encaixar ningún gol.[42] O 16 de marzo xogou o seu centésimo partido como porteiro do equipo bilbaíno na vitoria ante o Atlético de Madrid (2-0).[43] Na tempada 2019/20 perdeu a titularidade fronte a Unai Simón, que se converteu no primeiro porteiro do equipo a partir de entón. Disputou o seu último partido co club vasco o 19 de xullo de 2020, contra o Granada no Nuevo Los Cármenes, e non dispuxo de ningún minuto na campaña seguinte.
Al Raed
[editar | editar a fonte]No verán de 2021, despois de acabar o seu contrato co Athletic, fichou polo Al Raed FC, da Liga Profesional Saudita, co que disputou 13 partidos de liga.[44] En xuño de 2022 chegou a un acordo co club para a rescisión do seu contrato.[45]
Valencia
[editar | editar a fonte]En setembro de 2022 asinou contrato co Valencia, club que viña de perder a un dos seus porteiros, Jaume Doménech, por mor dunha lesión de longa duración.[46] Aínda que asinou ata final de tempada, só puido disputar uns minutos co equipo che, cando o adestrador Gennaro Gattuso lle deu entrada como substituto do xeorxiano Giorgi Mamardashvili no treito final dun partido da Copa do Rei contra o La Nucía.[47]
AEK Larnaca
[editar | editar a fonte]En xullo de 2023 asinou por un ano co AEK Larnaca de Chipre, onde tivo como adestrador ao valenciano José Luis Oltra e como compañeiros a varios xogadores españois.[48] Disputou só dous encontros co club chipriota, rematando subcampión de liga.
Sestao River
[editar | editar a fonte]No verán de 2024 regresou ao Sestao River, 21 anos despois de deixar a canteira do club biscaíño.[49] No equipo verde e negro recuperou a titularidade despois de anos de suplencias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Herrerín, con Vigo en la sangre" (en castelán). 4 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín agradece la confianza de Valverde" (en castelán). 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín" (PDF). Ahtletic Club (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "IAGO HERRERIN: "SI REGRESO NO VOLVERA AQUEL NIÑO QUE ESTUVO HACE UNOS AÑOS"" (en castelán). 22 de marzo de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín | Danok Bat". danokbat.eus (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Ion Vélez pierde peso a los ojos de Caparrós | Mas Futbol | AS.com". As (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín: “Soy consciente de que cada partido que juego es un examen”. Deia, Noticias de Bizkaia". Deia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín Buisán es el primer refuerzo del Atlético de Madrid B" (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín marca de portería a portería - Athletic Club de Bilbao" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín: “Me quedé tan sorprendido que casi ni me lo creía”". Mundo Deportivo. 4 de abril de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "El Athletic ficha al portero Iago Herrerín y lo cede al Numancia". Marca (en castelán). 1 de xullo de 2012. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "El Athletic ratifica a Iago Herrerín que regresa en junio". El Desmarque (en castelán). 6 de maio de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Raúl Fernández, nuevo portero del Numancia". Marca) (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "El debut de Iago y Saborit - Athletic Club de Bilbao" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Iago Herrerín: "No queda otra que levantarse"". Marca (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "El Torino deja al Athletic fuera de Europa | europa-league | sport.es". Sport (en castelán). 26 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Barcelona, campeón de Copa" (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Espanyol vs Athletic: resumen, goles y resultado - MARCA.com". Marca (en castelán). 3 de marzo de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ San Cristóbal, Ainara (4 de maio de 2017). "Herrerín, a Iraizoz: “En parte, soy portero de Primera por tus consejos”". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Los goles de Aduriz y las paradas de Herrerín dan el triunfo". Sport (en castelán). 17 de setembro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Europa League: La parada de Herrerín a Alcácer que evitó la clasificación del Valencia - Marca.com". Marca (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín, un seguro de vida hasta la tanda de penaltis". Deia (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Valverde alternará a los tres porteros, Iraizoz, Herrerín y Kepa". Sport (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Leganés: Iago Herrerín llega cedido al Lega hasta final de temporada - Marca.com". Marca (en castelán). 30 de novembro de 2016. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Sport (18 de decembro de 2016). "La espectacular voltereta de Takashi tras chocar con el portero". Sport (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Atlético de Madrid vs Leganés: Torres enseña el camino". Marca (en castelán). 2 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Valencia vs Leganés: El Valencia espanta los fantasmas". Marca (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Liga Santander: Los paradones de Herrerín y Kameni evitaron que Butarque viese goles - Marca.com". Marca (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Real Sociedad vs Leganés: La Real tropieza en el salto a Europa". Marca. 31 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Athletic: Herrerín se gana un hueco en el once ideal de la Europa League - Marca.com". Marca (en castelán). 15 de setembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Östersunds vs Athletic: Un punto increíble". Marca (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Athletic vs Hertha Berlín: Una feliz remontada". Marca (en castelán). 23 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Ugalde, Iñaki (17 de decembro de 2017). "El derbi vasco acaba sin goles y con muy poco fútbol". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Athletic: Herrerín renueva hasta 2021 con una cláusula de rescisión de 50 millones - Marca.com". Marca (en castelán). 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín hace olvidar a Kepa". As (en castelán). 23 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Rodrigálvarez, Eduardo (11 de xaneiro de 2018). "El Athletic da un paso adelante en el caso Kepa renovando a Herrerín". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín, de villano a héroe: provoca dos penaltis y para uno" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ San Cristóbal, Ainara (14 de agosto de 2018). "Athletic: La cuenta atrás de Herrerín". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín, tras su vuelta: «Espero seguir teniendo minutos y cogiendo ritmo»". El Correo (en castelán). 21 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín: "En el campo hay orden, y la cabeza está igual de amueblada"". Marca (en castelán). 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Williams sigue su idilio con el gol a domicilio" (en castelán). 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Neto y Herrerín, a la caza del trono de Oblak". Marca (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ "Herrerín celebra su 'centenario' con la puerta a cero" (en castelán). 16 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Pérez, Nacho (30 de agosto de 2021). "Iago Herrerín pone rumbo al Al-Raed SFC" (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "الرائد يخالص هيريرين بالتراضي بين الطرفين" (en árabe). 15 de xuño de 2022. Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ Álvarez, Fernando (28 de setembro de 2022). "Iago Herrerín firma con el Valencia hasta final de temporada". Marca (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023.
- ↑ "El enfado y el perdón de Herrerin con Gattuso" (en castelán). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2024.
- ↑ "Iago Herrerín fichará por el AEK Larnaca" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2024.
- ↑ ""Muy contentos con la llegada de Iago Herrerín al club": un portero con experiencia en Europa se suma al proyecto del Sestao River de Matías Lizarazu" (en castelán). 20 de agosto de 2024. Consultado o 30 de decembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Iago Herrerín no sitio web oficial do Athletic Club (en castelán).
- Nados en Bilbao
- Nados en 1988
- Españois de ascendencia galega
- Gardametas de fútbol
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Barakaldo CF
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do Al-Raed FC
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do AEK Larnaca
- Xogadores do Sestao River Club