Saltar ao contido

José Luis Oltra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Oltra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1987-1991 Valencia Club de Fútbol Mestalla
1991-1992 CE Sabadell 4(0)
1993-1994 Levante UD 21(2)
1994-1995 Yeclano Deportivo 34(7)
1995-1996 Elche CF 18(0)
1996-1996 Benidorm Club de Fútbol 4(0)
1996-2000 Yeclano Deportivo 120(12)
1996-2000 Elche CF
2000-2001 Ontinyent Club de Futbol Editar o valor en Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Catarroja CF (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: OltraJL Editar o valor en Wikidata

José Luis Oltra Castañer, nado en Valencia o 24 de marzo de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Iniciouse nos banquiños na tempada 2001–02 dirixindo ao Catarroja CF, da Rexional Preferente, equipo co que logrou o terceiro posto. Á tempada seguinte, o CD Castellón de Segunda División B contratouno para loitar polo ascenso á Segunda A. O equipo conseguiu ser campión de grupo, pero non puido ascender ao caer na fase de promoción. Na tempada 2003–04 rematou cuarto en liga, volvendo a participar na liguiña de ascenso para quedar novamente ás portas da Segunda División.

A súa gran labor á fronte do CD Castellón fixo que o Levante UD se fixara nel, e o contratou para dirixir ao filial, de Segunda División B. A traxectoria do filial foi bastante boa, tanto que, a falta de catro xornadas para o final, o equipo tiña xa practicamente asegurada a presenza na fase de ascenso á Segunda División. Nese momento, o primeiro equipo destituíu ao seu adestrador, Bernd Schuster, tras unha mala racha de resultados; elixindo a José Luis Oltra como sucesor para tratar de evitar o descenso do equipo. Con todo, tras os catro partidos que restaban, o club azulgrana non conseguiu salvarse, e consumou o seu regreso á Segunda División.

Ao comezo da tempada 2005–06, o Levante UD confiou en José Luis Oltra para construír o seu novo equipo, co que regresar a Primeira División, pero, tras dez xornadas, foi destituído, estando o equipo na metade da táboa. A seguinte tempada, o Ciudad de Murcia, que loitaba por ascender a Primeira División, contratou ao técnico valenciano, o cal deixou ao equipo en cuarta posición. O modesto equipo murciano non conseguiu o seu obxectivo, aínda que logrou a mellor clasificación da súa historia.

O éxito do seu traballo á fronte do Ciudad de Murcia levou a grandes equipos da categoría a interesarse pola súa situación. Ao final, o CD Tenerife conseguiu a súa contratación en 2007, ofrecéndolle un contrato por un ano. Na súa primeira tempada consumou unha traxectoria irregular, con moita solidez como local e resultados pobres nos desplazamentos, acabando undécimo. A pesar deste resultado, obtivo a renovación por outra campaña. José Luis Oltra logrou consolidarse como adestrador e ser na tempada 2008–09 un dos mellores adestradores que tivera o equipo insular, conseguindo o ascenso do CD Tenerife á Primeira División de España cunha vitoria ante o Girona FC (0–1), e gañándose o afecto da afección chicharrera. O equipo canario acabou terceiro con 81 puntos.

O 29 de agosto de 2009, o adestrador regresou á Primeira División española. No seu primeiro encontro, fronte ao Real Zaragoza, o conxunto do técnico valenciano cae derrotado (1–0) nun partido claramente dominado polo conxunto chicharrero. A súa primeira vitoria chegou no coliseo insular contra Osasuna, unha xornada despois, o 12 de setembro de 2009, que coincidiu co debut como local na tempada do CD Tenerife en Primeira División (2–1). Finalmente, o equipo descendeu á Segunda División e o club non renovou o seu contrato, o que supuxo un duro golpe para a afección chicharrera, quen confiaba para a seguinte tempada cos servizos do técnico ao que se substituíu sen un candidato aparente. Máis tarde despediuse nunha emotiva rolda de prensa na que quedou patente a profesionalidade e bo facer do técnico así como o cariño que sentía cara Tenerife, lugar ao que chegou coa súa muller e os seus dous fillos, un deles acabado de nacer, Miguel. O 18 de setembro de 2010, máis de 14.000 afeccionados no Heliodoro Rodríguez López corearon o seu nome ante a directiva para pedir a súa volta á illa. O CD Tenerife perdera os primeiros partidos do ano.

O 24 de novembro de 2010, confirmouse na web do UD Almería a súa fichaxe como técnico do club tras a destitución de Juan Manuel Lillo. A pesar de mellorar os números do seu predecesor, o equipo non saía da zona de descenso. Finalmente, o 5 de abril de 2011, confirmouse a súa destitución, sendo o seu substituto Roberto Olabe, quen fora director deportivo do equipo na época do seu ascenso a Primeira.

O 27 de maio anunciouse un acordo do adestrador co Deportivo da Coruña na súa nova etapa en Segunda División. O contrato era por unha temporada, e renovou automaticamente ao lograr ascender o equipo a Primeira, que quedou campión da categoría[1]. O 30 de decembro de 2012 foi destituído por mor dos malos resultados acadados durante 17 xornadas de liga, conseguindo só dúas vitorias e deixando o equipo no último lugar da táboa antes das vacacións de Nadal[2]. O seu substituto foi Domingos Paciência.[3]

En xuño de 2013 anunciouse que adestraría ao Mallorca na súa etapa en Segunda División, en substitución de Gregorio Manzano.[4] Tras unha serie de malos resultados foi destituído en febreiro de 2014 de xeito esperpéntico, pois foi despedido verbalmente e posteriormente obrigóuselle a adestrar ao equipo dous días, mentres a directiva procuraba un novo adestrador, que finalmente foi Lluís Carreras.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Castellón
Deportivo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]