Juan Carlos Real
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1991 (33 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Carlos Real Ruíz, máis coñecido como Juan Carlos, nado na Coruña o 15 de marzo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta no Real Murcia, da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Canteira do Deportivo e Fabril (2001-2013)
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña en 1991, Juan Carlos é froito da canteira do principal equipo da súa cidade, o Deportivo da Coruña, ao que chegou procedente procedente do Victoria CF cando aínda estaba na idade de alevín.[1] Desde entón foi progresando por todas as categorías inferiores do club herculino. Na tempada 2009–10 empezou a xogar no Deportivo B, que naquel entón militaba na Terceira División, conseguindo no seu ano de debut o ascenso a Segunda División B, con Tito Ramallo no banco. Na tempada 2010–11, xa na categoría de bronce e con tan só 19 anos, converteuse nun xogador imprescindible para o filial branquiazul, chegando a xogar 36 partidos e marcando 4 goles. Aínda así, o Dépor B, no que xogaban entre outros Diego Rivas, Raúl Carnero, Insua, Rochela, Dani Rodríguez, Añón e Jona, non puido conseguir a permanencia, volvendo outra vez a Terceira. O 22 de xullo de 2011 chegoulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo nun amigable de pretemporada, contra o Viveiro CF, onde formou no medio do campo xunto a Jesús Vázquez.[1]
Deportivo da Coruña e primeira etapa no Huesca (2013-2015)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2011–12 conseguiu marcar un total de 15 goles co Fabril. O bo rendemento fixo que debutara co primeiro equipo en partido oficial, sendo o seu primeiro encontro un partido de Copa do Rei, na vitoria do Dépor fronte o Girona FC (5–1) o 7 de setembro de 2011. En Segunda División, o seu debut produciuse no derradeiro partido da campaña 2011–12, co equipo xa proclamado campión, na vitoria fronte o Villarreal B a domicilio (0–1).
O 14 de xaneiro de 2013, no mercado de inverno, marchou cedido ao SD Huesca até o final da tempada 2012–13. No conxunto aragonés participou en 10 partidos, conseguindo marcar o seu primeiro gol como profesional nunha vitoria (2–1) do Huesca ante o Numancia en Los Pajaritos, onde bateu ao gardameta Iago Herrerín.[2]
Tras o descenso de Deportivo a Segunda División, para a tempada 2013–14 Juan Carlos regresou ao club coruñés, onde o adestrador Fernando Vázquez lle deu bastantes minutos de xogo. Chegou a participar en 29 partidos, 19 deles como titular, sobre todo cara ao final da tempada, cando o seu equipo se xogaba o ascenso á Primeira División, obxectivo que conseguiu vencendo na penúltima xornada ao Real Jaén.[3]
Primeira etapa no Tenerife e paso por Romanía (2015-2017)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2014/15, co equipo en Primeira e con Víctor Fernández no banco, non contou apenas con minutos, polo que en xaneiro rescindiu o seu contrato co club e fichou polo CD Tenerife.[4][5] No equipo canario xogou 19 partidos ata o final da tempada, marcando un gol. Despois de rematar o seu contrato e estar uns meses sen equipo, en xaneiro de 2016 asinou co CRF Cluj romanés.[6] Uns meses despois da súa chegada, disputou a final da Copa de Romanía contra o Dinamo de Bucarest no Arena Națională. Marcou o primeiro gol do seu equipo e, despois de que o partido acabase 2-2, anotou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, dándolle así o cuarto título de Copa ao seu club.[7]
Segunda etapa no Tenerife e Almería (2017-2019)
[editar | editar a fonte]Tras unha segunda tempada en Romanía, regresou á disciplina do Tenerife en xullo de 2017, asinando un contrato por dous anos.[8] Foi titular durante a primeira parte da tempada 2017/18 con Pep Martí como adestrador, marcando 8 goles, pero trala chegada ao banco de Andoni Etxeberria foi relegado á suplencia, polo que ao remate da campaña rescindiu o seu contrato.[9]
Fichou entón polo Almería, realizando unha gran campaña na Segunda División, disputando como titular case todos os partidos e marcando 10 goles.[10]
Segunda etapa no Huesca (2019-2023)
[editar | editar a fonte]No verán de 2019 fichou polo Huesca, comezando así a súa segunda etapa no equipo aragonés. No equipo adestrado por Míchel coincidiu cos tamén galegos Mosquera, Ferreiro e o seu excompañeiro no Fabril Insua, e proclamouse campión da categoría, no que foi o segundo ascenso á Primeira División da historia do club.[11] Na seguinte campaña disputou só 15 partidos, case todos como suplente, pero renovou o seu contrato por dúas campañas máis.[12] Tralo descenso en 2021, militou dúas campañas máis co equipo en Segunda, tendo especial protagonismo na 2022/23, na que foi titular na maioría de encontros, anotando 8 goles.
FC Cartagena (2023-2024)
[editar | editar a fonte]En xullo de 2024 deixou Aragón despois e catro anos na comunidade, e asinou polo FC Cartagena, tamén de Segunda.[13] Co Efesé disputou 26 partidos, nos que anotou tres goles.
Murcia (2024-)
[editar | editar a fonte]No verán de 2024 rescindiu o seu contrato co Cartagena para fichar por outro equipo murciano, o Real Murcia, da Primeira Federación.[14]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega nas categorías sub-16 e sub-18.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
- Segunda División (1): 2011–12.
- CFR Cluj
- Copa de Romanía (1): 2015–16.
- Huesca
- Segunda División (1): 2019–20.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Otero, Marcos (2 de agosto de 2011). "El otro Juan Carlos del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "El Huesca aprovecha los errores del Numancia". Marca (en castelán). 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Piñeiro, Miguel (1 de xuño de 2014). "El Deportivo consuma su ascenso a Primera división tras ganar al Jaén". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Carlos Real e o Deportivo asinaron esta mañá a resolución do contrato do futbolista". 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Carlos, nuevo jugador del CD Tenerife" (en castelán). 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Antelo, Iván (19 de xaneiro de 2016). "Juan Carlos firma por el Cluj rumano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Carlos y Cristian López llevan al Cluj a la conquista de la Copa". La Vanguardia (en castelán). 17 de maio de 2016. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "El CD Tenerife hace oficial el regreso de Juan Carlos Real" (en castelán). 10 de xullo de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Rodríguez, Joel (17 de abril de 2019). "Juan Carlos Real: "Sin explicación pasé al cero absoluto"" (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Navarro, Edgar (31 de xullo de 2019). "Juan Carlos regresa al Huesca" (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "¡Vuelve a LaLiga! El Huesca acompaña al Cádiz y asciende a Primera División" (en castelán). 17 de xullo de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Carlos regresa a la SD Huesca" (en castelán). 23 de agosto de 2021. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Carlos Real, calidad y gol para la mediapunta del Efesé" (en castelán). 14 de xullo de 2023. Consultado o 18 de setembro de 2024.
- ↑ "Juan Carlos Real, calidad e imaginación para el ataque del Real Murcia" (en castelán). 18 de agosto de 2024. Consultado o 18 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán)