Ibrahim Ferrer
![]() (2004) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1927 ![]() San Luís, Cuba (pt) ![]() ![]() |
Morte | 6 de agosto de 2005 ![]() A Habana, Cuba ![]() |
Causa da morte | síndrome de disfunción multiorgánica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico, cantante ![]() |
Período de actividade | 1937 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Son cubano e Latin jazz (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | World Circuit (en) ![]() ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | worldcircuit.co.uk… ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ibrahim Ferrer Planas, nado en Santiago de Cuba o 20 de febreiro de 1927 e finado na Habana o 6 de agosto de 2005, foi un cantante de son cubano, de voz pura e suave.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu na zona antiga da Habana. Era un home tímido e sinxelo, imbuído nunha intensa fe. Acadou sona mundial no 1998 co éxito do proxecto musical Buena Vista Social Club, onde gravou doce dos catorce temas do disco e tivo o pracer de colaborar con moitos dos intérpretes que sempre admirara, como Omara Portuondo, Rubén González, Compay Segundo, Eliades Ochoa, Barbarito Torres e Guajiro Mirabal. Este disco obtería un Grammy e un ano mais tarde gravaría o seu primeiro álbum en solitario, Buena Vista Social Club Presents Ibrahim Ferrer. O seu segundo disco en solitario, Buenos Hermanos, obtivo no 2004 outro Grammy.