Ignacio Diego
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1960 (64 anos) Castro Urdiales, España |
Presidente de Cantabria | |
23 de xuño de 2011 – 6 de xullo de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, político |
Partido político | Partido Popular |
Juan Ignacio Diego Palacios, nado en Castro Urdiales, Cantabria, o 18 de maio de 1960, máis coñecido por simplemente Ignacio Diego ou Nacho Diego, é un político español, oitavo presidente de Cantabria desde xuño de 2011 e sétima persoa que ocupa este cargo.
Foi elixido concelleiro no concello de El Astillero nos comicios de 1987 e 1991, e desempeñou as tarefas de alcalde do mesmo municipio tras as eleccións de 1995, 1999 e 2003. Desde 2004 preside o Partido Popular de Cantabria.
Carreira política
[editar | editar a fonte]No ano 1988 foi elixido presidente de Nuevas Generaciones do Partido Popular de Cantabria e foi deputado do Congreso, membro do gabinete da presidencia da Asemblea Rexional e director xeral de Medio Ambiente.
Desde 1995 ocupou o cargo de alcalde do municipio de El Astillero con maioría absoluta e en novembro de 2004 foi elixido presidente do PP de Cantabria, substituíndo a José Joaquín Martínez Sieso no cargo. Ignacio Diego é deputado do Grupo Popular, membro da Comisión de Regulamento e forma parte tamén da Deputación Permanente.
En outubro de 2006 anunciou a súa dimisión como alcalde de Astillero para presentarse á presidencia do Goberno de Cantabria como candidato do PP nas eleccións autonómicas de 2007.[1]
Nestes comicios, Ignacio Diego obtivo 17 escanos, polo que non conseguiu a maioría absoluta, dando lugar a que o pacto entre socialistas (PSC-PSOE) e rexionalistas (PRC) se revalidara de novo.
Foi reelixido presidente do Partido Popular de Cantabria co 94,5% dos votos no X Congreso Rexional, celebrado en Santander o 4 de outubro de 2008.
Presidencia de Cantabria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións do 22 de maio de 2011 gañou por maioría absoluta os comicios fronte ao anterior presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. O 23 de xuño do mesmo ano foi investido polo Parlamento como novo presidente autonómico[2] e o luns 27 de xuño tomou posesión como tal.
Cargos desempeñados
[editar | editar a fonte]- Presidente de NNGG de Cantabria.
- Alcalde de El Astillero. (1995-2006)
- Presidente do PP de Cantabria. (Desde 2004)
- Deputado do Parlamento de Cantabria. (Desde 2007)
- Presidente de Cantabria. (desde 2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Ignacio Diego anuncia su dimisión como alcalde», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.
- ↑ «Ignacio Diego ya es presidente de Cantabria», en El Diario Montañés Consultado o 2 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Diego |
Predecesor: Juan Antonio Maestro |
Alcalde de El Astillero 1995-2006 |
Sucesor: Carlos Cortina |
Predecesor: José Joaquín Martínez Sieso |
Presidente do PP de Cantabria 2004-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: José Joaquín Martínez Sieso |
Líder da oposición en Cantabria 2004-2011 |
Sucesor: Miguel Ángel Revilla |
Predecesor: Miguel Ángel Revilla |
Presidente de Cantabria 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Lola Gorostiaga |
Portavoz do Goberno de Cantabria 2011-actualidade |
Sucesor: No cargo |