Igrexa católica bizantina albanesa
Igrexa católica bizantina albanesa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1628 (comunidade orixinal) 1939 (erección da administración apostólica de Albania Meridional) en Albania |
Motivo | En 1895 un grupo de vilas do sur de Albania volven á comuñón coa Igrexa católica e piden un bispo do seu rito |
Separada de | Igrexa ortodoxa albanesa |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Papa | Francisco |
Administrador apostólico | Hil Kabashi |
Estrutura | Estruturada nunha Administración apostólica |
Agrupacións | Congregación para as Igrexas orientais |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | 3.845[1] |
Países | Albania |
Congregacións | 9 |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Sede central | Fiers |
A Igrexa católica bizantina albanesa é unha Igrexa particular oriental de rito bizantino no seo da Igrexa católica e, xa que logo, en plena comuñón co papa. Non se debe confundir coa Igrexa católica ítalo-albanesa.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira comunidade católica bizantina de Albania estableceuse en 1628 na costa de Epiro e permaneceu ata 1765, en 1900 un antigo sacerdote ortodoxo estableceu unha nova comunidade de 120 fieis en Elbasan, en 1938 estableceuse unha comunidade de monxes italo-albaneses para o axudar e en 1939 nomeouse un administrador apostólico. En 1945 arredor de 450 fieis compuñan a comunidade, o grupo desfíxose en 1967 ao se declarar Albania un estado ateo. En 1996 nomeouse o primeiro bispo para a administración apostólica, que en 2002 contaba con 2800 fieis, pero a maioría son de rito latino e non hai ningunha parroquia ou sacerdote para os poucos fieis de rito bizantino, polo que é unha comunidade en extinción.