Saltar ao contido

Igrexa da Veracruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Veracruz
Tipoigrexa e monumento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°25′53″N 8°04′30″O / 42.43133, -8.07504
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloO Carballiño Editar o valor en Wikidata
Implicados
Arquitecto(s)Antonio Palacios Ramilo Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de interese cultural
Data5 de outubro de 1995
IdentificadorRI-51-0009048
Wikidata ]

A igrexa da Veracruz (coñecida localmente como a "igrexa nova") é un templo católico que se atopa no concello ourensán do Carballiño. É unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios (foi finalizada en 1957).[1]

A construción do edificio foi financiada polos veciños, especialmente pola influencia do párroco Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña. As obras comezaron o 25 de xuño de 1943 e tardaron catorce anos en completarse. A morte de Antonio Palacios, o arquitecto xefe, atrasou a súa finalización. É difícil de clasificar en termos de estilo; aínda que se trata dun edificio contemporáneo, predominan a decoracións e elementos medievais; polo que se podería situar no estilo historicista. Está baixo a advocación de San Cibrao. Aínda que a torre está inacabada, a igrexa foi inaugurada o 17 de setembro de 1952. As obras remataron en 1957.

Características

[editar | editar a fonte]

A torre ten 52 metros de altura e está pechada porque o seu acceso non é seguro. A igrexa ten unha superficie de 1080 .

  1. Armero, Jacobo (2001). "Catálogo de Exposición". Antonio Palacios, constructor de Madrid (primeira ed.). Madrid: Ediciones La Librería. ISBN 9788495889041. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]