Igrexa de San Pedro de Angoares
Igrexa de San Pedro de Angoares | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Concello | Ponteareas | |||
Parroquia | Angoares ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo[1]. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico.
É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando.
No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista lateral de igrexa.
-
Brazo sur do transepto.
-
Canzorros.
-
Canzorros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Igrexa parroquial de San Pedro de Angoares". turismo.gal. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.