Igrexa de San Salvador de Sarria
Igrexa de San Salvador de Sarria | |
---|---|
Fachada da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | San Salvador |
Localización | Sarria (Sarria) |
Coordenadas | 42°46′36″N 7°25′03″O / 42.776766944444, -7.4174722222222 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Lugo |
Arquitectura | |
Construción | Século XII - século XIII |
Estilo | Románico e gótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Salvador é un templo de planta románica e fachada gótica do século XII, unha das tres igrexas da parroquia civil de Sarria.
Situación
[editar | editar a fonte]O templo está situado ao final da Rúa Maior, onde comeza a Rúa do Castelo, no itinerario do Camiño Francés.
Historia
[editar | editar a fonte]A comezos de 2014 a comunidade de mercedarios que atende o templo decidiu suspender o culto nela, polo mal estado da cuberta e o risco de derrubamento.[1]
En maio de 2015 formalizáronse os contratos de rehabilitación da igrexa, cofinanciados pola Consellería de Cultura e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por valor de 254.000 €. Os traballos se centraron nos elementos exteriores do templo, substituíndo a cuberta da igrexa por unha nova e reparando os danos causados pola filtración de auga na estrutura de madeira do teito.[2]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]O estilo da igrexa encádrase no gótico con trazas tardorrománicas, na ábsida. O templo conta cunha espadana de estilo barroco, engadida en 1860.
Culto
[editar | editar a fonte]A igrexa é o templo parroquial dunha das tres parroquias nas que está organizada Sarria, xunto coas parroquias de Santa Mariña e do Rosario. A parroquia pertence ao arciprestado de Sarria-Samos.[3] O templo está atendido por unha comunidade de mercedarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La iglesia de San Salvador se cerró al culto por el mal estado de la cubierta". El Progreso (en castelán). 13 de marzo de 2014. Consultado o 13/08/2019.
- ↑ "Rehabilitación da Igrexa de San Salvador de Sarria". cultura.gal (Xunta de Galicia). 2 de maio de 2015. Consultado o 14/08/2019.
- ↑ "Parroquias y arciprestazgos". Diocese de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 11/02/2017. Consultado o 14/08/2019.