Igrexa de Santa María do Rosario de San Sadurniño
Igrexa de Santa María do Rosario de San Sadurniño | |
---|---|
Igrexa de Santa María do Rosario | |
País | España |
Localización | San Sadurniño |
Coordenadas | 43°31′57″N 8°04′22″O / 43.5325, -8.0727777777778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa de Santa María do Rosario é un templo do século XVIII, actual igrexa parroquial de San Sadurniño. Fisicamente áchase unida ás dependencias da Casa do concello, antigo Convento do Rosario, ao que pertenceu ata 1835.
Historia
[editar | editar a fonte]Edificouse sobre un templo medieval anterior que xa fora reformado por Fernando de Andrade en 1508. Da construción orixinal só conserva a ábsida con bóveda nervada, e o arco de acceso ao presbiterio sobre columnas con capiteis ornamentados con temática diversa. A planta dunha soa nave, é de cruz latina.
No interior están os sepulcros con estatuas xacentes dos dous primeiros señores de San Sadurniño, Fernando de Andrade e Xoán Freire de Andrade, así como o da muller do primeiro, Inés de Castro.
Na fachada destacan os pináculos laterais rematados en bólas, e a ornamentación barroca en placas coroada polo campanario con cúpula. No adro hai un cruceiro con ornamentación vexetal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Deputación da Coruña. D.L. C 3300-2009.