Ilarion Rudnyk
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1972 (52 anos) Lviv, Ucraína |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Kyiv Theological Seminary (en) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Premios | |
Ilarion Rudnyk (en ucraíno: Іларіон Рудник), nado como Roman Mykolaiovych Rudnyk (en ucraíno: Роман Миколайович Рудник) o 14 de febreiro de 1972 en Lviv (R.S.S. de Ucraína), é un eclesiástico ortodoxo ucraíno, dende 2008 bispo de Edmonton e do Canadá occidental da Igrexa ortodoxa de Constantinopla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Roman Rudnyk naceu o 14 de febreiro de 1972 en Lviv. Logo de completar a súa educación secundaria, estudou no Seminario Teolóxico de Kíiv, do que se graduou en 1992. Coa recomendación do arcebispo Vsevolod Maidanskyi e a beizón do patriarca Bartolomeu I, Roman trasladouse entón a Grecia para continuar os seus estudos teolóxicos na Universidade de Tesalónica, da que se licenciou en 1997.
O 5 de decembro de 1997 Roman foi tonsurado monxe, tomando o nome monástico de "Ilarion". O 21 de decembro do mesmo ano foi ordenado diácono polo metropolita Panteleimon Rodopoulos. Tres anos máis tarde foi ordenado sacerdote. Posteriormente cursou un mestrado en Dereito canónico, e en 2002 foi destinado a unha parroquia no Porto.
O 21 de marzo de 2004 foi elevado ao rango de arquimandrita polo Sínodo da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, e o 11 de xuño de 2005 nomeado bispo, co título de Telmessos, para asistir ao metropolitano de España e Portugal Epifanios Perialas. Recibiu a consagración episcopal en Istambul o 29 de xaneiro de 2005.
O 21 de outubro de 2008 foi nomeado bispo de Edmonton e do Canadá occidental. Foi entronizado como bispo de Edmonton na catedral de San Xoán de Edmonton o 26 de outubro de 2008.
O 7 de setembro de 2018, no contexto da preparación da concesión de autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína, foi nomeado como exarca do patriarca Bartolomeu I en Kíiv.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Russian Synod calls Constantinople's actions non-canonical and threatens with payback" (en inglés). Religious Information Service of Ukraine. 8 de setembro de 2018. Consultado o 17/10/2018.
[...] announcing the appointment of two hierarchs of this Church, Archbishop Daniel of Pamphilon (USA) and Bishop Hilarion of Edmonton (Canada) as "exarch" of the Constantinople Patriarchate in Kyiv.
- ↑ "Ecumenical Patriarchate sends Legates to Ukraine" (en inglés). Ecumenical Patriarchate Permanent Delegation to the World Council of Churches. 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2018. Consultado o 18/10/2018.
[...] the Ecumenical Patriarchate has appointed as its Exarchs in Kiev His Excellency Archbishop Daniel of Pamphilon from the United States, and His Grace Bishop Ilarion of Edmonton from Canada [...]
- ↑ "Ecumenical Patriarchate appoints exarchs in Kyiv". LB.ua (en inglés). 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018.