Ildefonso de Toledo
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Ildephonsus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (got) Hildefuns ![]() c. 607 ![]() Toledo, España ![]() |
Morte | 23 de xaneiro de 667 ![]() Toledo, España ![]() |
![]() | |
657 – | |
Abade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo niceno ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, teólogo, arcebispo, bispo católico ![]() |
Profesores | Eugenius II of Toledo (pt) ![]() ![]() ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 23 de xaneiro ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Ildefonso de Toledo, tamén coñecido como santo Ildefonso, nado en Toledo en 607 e finado na mesma cidade en 667, foi arcebispo de Toledo dende o ano 657 ata a súa morte. É un dos padres da Igrexa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu entre os anos 606 ou 607, durante o reinado de Witerico en Toledo. Era de orixe xermánica, das distintas familias rexias visigodas. Foi sobriño do bispo de Toledo santo Uxío III, quen comezou a súa educación.
Recibiu unha brillante formación literaria. De neno, ingresou no Mosteiro de Agali, nos arrabales de Toledo, contra a vontade dos seus pais.
Firma entre os abades nos Concilios VIII e IX de Toledo. Morto o bispo Uxío III é elixido bispo de Toledo o ano 657. Doi obrigado a ocupar a súa sede polo rei Recesvinto. Morre o 667, e foi sepultado na igrexa de Santa Locaia de Toledo, e posteriormente trasladado a Zamora.
Milagre do encontro coa Virxe
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/La_imposici%C3%B3n_de_la_casulla_a_San_Ildefonso%2C_de_Juan_S%C3%A1nchez_Cot%C3%A1n_%28Museo_del_Prado%29.jpg/220px-La_imposici%C3%B3n_de_la_casulla_a_San_Ildefonso%2C_de_Juan_S%C3%A1nchez_Cot%C3%A1n_%28Museo_del_Prado%29.jpg)
A noite do 18 de decembro de 665 Ildefonso e os seus diáconos atopáronse coa Virxe María sentada na cadeira do bispo, rodeada por virxes. A Virxe díxolle que era o seu capelán e fiel notario. Deulle unha casula, que lle enviara o seu Fillo da súa tesouraría.
Dicindo isto, a Virxe mesma investiuno, e deulle instrucións de usala soamente nos días festivos designados na súa honra.
Un concilio de Toledo ordenou un día de festa especial para perpetuar a súa memoria. [1] O século VI foi importante para a orixe do culto mariano. Esta aparición foi de moita importancia para Toledo e a súa catedral. Nela, os peregrinos aínda veneran a pedra en que a Virxe puxo os seus pés.
Obras
[editar | editar a fonte]Das apuntadas no Elogium consérvanse as seguintes:
- Sobre a virxindade perpetua de Santa María contra tres infieis (De virginitate Sanctae Mariae contra tres infideles): é a súa obra principal. Os tres herexes aos que se refire son Xoviniano e Helvidio, refutados xa por San Xerome, e un xudeu anónimo. Defende a virxindade de María e que Xesucristo é Deus. Está moi vinculado con santo Agostiño e santo Isidoro. Constitúe o punto de arranque da teoloxía mariana en España.
- Comentario sobre o coñecemento do bautismo (Liber de cognitione baptismi unus): explica de xeito pastoral o sacramentodo bautismo.
- Sobre o progreso do deserto espiritual (De progressu spiritualis deserti), prolongación da obra anterior.
- Sobre os homes ilustres (De viris illustribus), continuación do de santo Isidoro. Enumera a persoeiros ilustres pola súa santidade ou goberno. Algúns autores tan importantes como Braulio de Zaragoza ou Isidoro de Sevilla, son pouco destacados.
- Dúas Cartas dirixidas a Quirico de Barcelona.
Padroeiro
[editar | editar a fonte]A súa festa celébrase o 23 de xaneiro. É padroeiro das cidades de Toledo e Zamora. En Galicia é patrón da parroquia de San Cibrao das Viñas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/San_Ildefonso_Olula_del_R%C3%ADo_%28Almer%C3%ADa%29.jpg/220px-San_Ildefonso_Olula_del_R%C3%ADo_%28Almer%C3%ADa%29.jpg)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Edicións
- F. DE LORENZANA, SS. Patrum Toletanorum quotquot extant opera, I, Madrid: 1782. PL 96,53-206.
- V. BLANCO GARCÍA, S. Ildefonso. De virginitate beatae Mariae. Madrid: 1937.
- V. BLANCO y J. CAMPOS, S. lldefonso de Toledo. La virginidad perpetua de Santa María, El conocimiento del bautismo, El camino del desierto, en Santos Padres Españoles. BAC, Madrid: 1971.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Sansterre, J-M: “Actitudes occidentales à l'égard des miracles d'images dans le Aut. Moyen Age”, en Annales, Histoire, Sciences Sociales, Nº 53 (1998)