Illa de Santo Estefano
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Ponziane | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Ponziane | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ventotene, Italia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Dimensións | 0,56 () × 0,72 () km | |||
Superficie | 0,27 km² | |||
Actividade | ||||
Uso | centro penitenciario | |||
Santo Estefano é unha pequena illa de Italia localizada no mar Tirreno fronte á costa entre Lacio e Campania e forma parte das illas Ponziane. Como o resto do arquipélago, a illa ten orixe volcánica e ten unha forma circular de menos de 500 metros de diámetro e unha extensión de preto de 27 hectáreas. Atópase a tan só dous quilómetros da illa de Ventotene da cal depende administrativamente.
No período romano a illa tivo diferentes nomes, entre eles Partenope (do grego Παρθενόπη), Palmosa, Dommo Stephane e Borca, e foi escasamente poboada. Os cantís escarpados, de feito, sempre fixeron o desembarco difícil, só é posible en 4 puntos, accesibles en función dos ventos.
Polo momento a illa está deshabitada e é de propiedade privada, pero pódese visitar cos barcos locais. Atópase a uns 2 km ao leste de Ventotene, da que depende administrativamente. O único edificio na illa é unha prisión ("edificio circular") con 99 celas, construída durante o período borbónico entre 1794 e 1795 por Fernando IV e usada ata 1965.
A maioría dos detido máis ilustres foron opositores ao réxime fascista nos anos 20. Entre eles se recordan ao ex presidente de Italia Sandro Pertini, Giorgio Amendola e Altiero Spinelli.
No interior do cárcere, o director Tinto Brass rodou unha película.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Santo Estefano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vittorio Paliotti, "La repubblica di Santo Stefano", in Storia della camorra, Roma, Newton Compton, 1993 (1ª ed.), pp. 127–131. ISBN 88-7983-287-5.