Illas Ponziane
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Latina, Italia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Altitude | 280 m | |||
Superficie | 11,39 km² | |||
As illas Ponziane[1][2] é un arquipélago de orixe volcánica situado no Mar Tirreno, fronte á costa do Golfo de Gaeta. Ten unha extensión total de aproximadamente 12 km², cunha poboación combinada de preto de 4.000 habitantes (ponzesi), que no verán se converten en moitos máis debido a un movemento turístico intenso.
Descrición
[editar | editar a fonte]O arquipélago está formado por seis illas principais, divididos en dous grupos principais:
- Grupo Noroeste (administrativamente pertencente ao municipio de Ponza)
- Grupo Sueste (administrativamente pertencente ao municipio de Ventotene)
Os municipios do arquipélago, anteriormente pertencente á provincia de Terra di Lavoro e, logo da supresión desta, a provincia de Nápoles, transferíronse baixo o fascismo á provincia di Littoria, xunto co distrito de Gaeta.
As illas son accesibles en transbordador ou hidroplano desde Formia, Anzio, Terracina, San Felice Circeo, Nápoles, Pozzuoli e Ischia.
Fauna endémica
[editar | editar a fonte]As Illas Pontinas son o fogar dunha especie endémica de bolboreta, a falfalla de Ponza (hypparchia Sbordoni).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cfr. "Ponza" nell'enciclopedia Treccani.
- ↑ Cfr. "Ponziane, ìsole-" nell'enciclopedia Sapere.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Ponziane |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- G. Racheli Le isole ponziane Mursia, Milano ISBN 9788842587705
Outros artigos
[editar | editar a fonte]