Illa de Tierra
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Alhucemas | |||
Situado na entidade xeográfica | Mar Mediterráneo | |||
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Alborán | |||
Características | ||||
Altitude | 183 m | |||
Dimensións | 0,136 () × 0,187 () km | |||
Superficie | 0,017 km² | |||
A illa de Tierra é un illote que forma, xunto coa illa de Mar e o Peñón de Alhucemas, o arquipélago das illas Alhucemas, unha das tradicionais prazas de soberanía españolas no norte de África.
Está situada a 50 metros da praia marroquí de Sfiha e ascende ata uns 11 m sobre o nivel do mar. Está deshabitada e non ten ningunha edificación.
Desde o incidente da illa Perejil, foi cercada de arame. Desde entón formouse un núcleo reprodutor de gaivota de Audouin grazas á tranquilidade que se lle garante.
En setembro de 2012, un grupo de inmigrantes ilegais chega ao illote, aproveitando a proximidade ás costas marroquís das que se pode chegar facilmente a nado. As autoridades españolas recolleron aos menores e ás nais embarazadas e leváronos a Melilla, mentres que o resto foron deportados a Marrocos.[1] A expulsión que as autoridades españolas realizaron por “vía de feito” vulnera, segundo diversas organizacións da sociedade civil como APDHA[2], a lexislación española en materia de asilo e o procedemento de devolución previsto na normativa de estranxeiría, así como as convencións internacionais en materia de asilo.