Illa do Príncipe de Gales, Canadá
(en) Prince of Wales Island | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Eduardo VII do Reino Unido e Príncipe de Gales | ||||
Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Árticas do Canadá | ||||
Localización | |||||
Continente | América do Norte | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Superficie | 33.339 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1851 | ||||
A Illa do Príncipe de Gales[1] é unha illa Ártica en Nunavut, Canadá, entre a Illa Victoria e Illa Somerset e ó sur das Illas da Raíña Isabel. É unha das máis grandes das Illas Árticas do Canadá.
A efectos administrativos, divídese entre as rexións Qikiqtaaluk e Kitikmeot. Non hai establecementos habitados permanentes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É unha illa baixa cuberta de tundra cunha irregular liña costeira. Os accidentes xeográficos principais son a baía Ommanney no oeste e a baía de Browne no leste. A baía de Ommanney noméase así polo Almirante Sir Erasmus Ommanney da mariña de guerra real que explorou a área como parte da procura para a expedición de Franklin. A súa superficie estimouse en 33.339 km². A illa do príncipe de Gales é a 40º na lista de illas máis grandes do mundo por superficie e a 10ª na lista de illas canadenses por superficie. O seu punto máis alto coñecido, se atopa a 424 metros de altura é un lugar sen nome en 73°48′26″N 97°50′14″O / 73.80722, -97.83722}} no extremo nordeste da illa,[2] con vistas á Canle Baring, que a separa da illa Russell (Nunavut).
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberta en 1851 por Francis Leopold McClintock durante a darradeira expedición de John Franklin. A illa foi nomeada así en honor o herdeiro da coroa británica, o futuro rei Eduardo VII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Por exemplo en "Putin aposta forte polo Ártico". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ Peakbagger
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Príncipe de Gales, Canadá |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prince of Wales Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada