Saltar ao contido

Illa dos Faisáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla dos Faisáns
Imaxe
(2014)

Localización
Mapa
 43°20′34″N 1°45′56″O / 43.34278, -1.7655
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasBidasoaldea
ConcelloIrún Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,00682 km² Editar o valor en Wikidata
Medición0,041 (ancho) × 0,224 (lonxitude) km
Bañado porRío Bidasoa Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernocondominio Editar o valor en Wikidata

BNE: XX456349

A Illa dos Faisáns (castelán: Isla de los Faisanes, en francés: Île des Faisans, Île de l´hôpital ou Île da Conférence; en éuscaro: Faisaien uhartea ou Konpantzia) é un illote fluvial situado preto da desembocadura do río Bidasoa, e cuxa soberanía é compartida amigabelmente entre España e Francia, que acordaron encargarse de coidala durante seis meses ao ano cada un.[1]

A illa desde a ponte internacional sobre o río Bidasoa. Á esquerda, Irún; á dereita, Hendaia.

A súa superficie actual é de 2.000 e atópase estabilizada grazas aos traballos de protección que levaron a cabo na mesma.

A illa pertencía antigamente ao termo municipal de Hondarribia (Guipúscoa), pero na actualidade está administrada polo concello de Irún pola parte española e polo concello de Hendaia pola parte francesa. A esta illa atribuíronselle moitos nomes: en francés chámaselle maiormente "île de l´hôpital", en castelán, e, aparentemente, por un erro na tradución dun nome que se lle deu no idioma galo, leva o nome de "Isla de los Faisanes". En éuscaro hai aínda quen lle chama "Konpantzia" sendo a súa orixe, sen dúbida, as conferencias que se realizaron na illa durante o século XVII.

A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns na que se asinou o Tratado dos Pireneos en 1659.

Entre os abundantes sucesos históricos que tiveron lugar nesta illa, o máis importante foi a rúbrica do Tratado de Paz dos Pireneos logo de vinte e catro conferencias levadas a cabo entre Luis de Haro e o Cardeal Mazarino en 1659. O Tratado foi ratificado polo compromiso contraído entre Lois XIV e a Infanta María Teresa de Austria.

No centro da illa érguese un monólito cunha inscrición conmemorativa dos devanditos sucesos. Ademais leváronse a cabo intercambios de reféns, entregas de infantas casadeiras etc.

É o territorio en condominio máis pequeno do mundo.[2]

  1. Calonge, Lorenzo. "La isla que pertenece seis meses a España y seis meses a Francia". El País, 30 de xullo de 2017 (en castelán).
  2. Euskal Telebista. "La isla de los Faisanes, el condominio más pequeño del mundo" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]