Saltar ao contido

Ilona Elek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIlona Elek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1907 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1988 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Farkasréti (pt) Traducir, 60/8-1-591 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1952fencing at the 1952 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1948fencing at the 1948 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1936fencing at the 1936 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMargit Elek Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympic.org: ilona-elek Find a Grave: 15049467 Editar o valor en Wikidata

Ilona Elek, tamén coñecida como Ilona Schacherer ou Ilona Elek-Schacherer (en húngaro, Elek Ilona), nada en Budapest o 17 de maio de 1907 e finada na mesma cidade o 24 de xullo de 1988, foi unha tiradora de esgrima húngara, gañadora de tres medallas olímpicas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou piano na Academia Franz Liszt pero deixou os seus estudos para competir profesionalmente na esgrima. En 1929 foi segunda no Campionato de Hungría e quinta no Europeo. En 1933 repetiu a segunda praza nos campionatos nacionais e nos europeos foi quinta pero logrou o primeiro lugar co equipo húngaro. En 1934 e 1935 nos europeos gañou tanto en individual como por equipos. Participou con 29 anos nos Xogos Olímpicos de 1936 celebrados en Berlín gañando a medalla de ouro na proba individual de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1948 de Londres revalidou o seu título olímpico, converténdose na primeira tiradora en conseguir dous títulos olímpicos. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui, e con 45 anos, logrou a medalla de prata na mesma proba.

Ilona Elek no podio (no centro) dos Xogos Olímpicos de Berlín, 1936 con Ellen Müller-Preis e Helene Mayer, todas as tres de orixe xudía recibindo medallas na Alemaña nazi, onde os xudeus alemáns non podían competir. Mayer recibira un permiso especial logo que os Estados Unidos ameazaran cun boicot.

Ao longo da súa carreira gañou dezasete medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas dez de ouro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]