Ilves (hóckey sobre xeo adaptado)
Ilves | |
---|---|
Fundación | 2023 |
Cidade | Tampere, Pirkanmaa Finlandia |
Cores | Verde, amarelo, negro e branco |
O Ilves Parajääkiekko é un equipo de hóckey sobre xeo adaptado da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo foi fundado en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara e é parte do club polideportivo do mesmo nome.
Historia
[editar | editar a fonte]O club naceu en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara, quen traballa con, entre outros, pacientes con leións medulares, aos que asesora sobre distintos deportes.[1]
Ata ese momento non había na cidade a posibilidade de prácticar a modalidade, polo que Markovaara entrevistou a persoas que xa xogaran anteriormente, ás cales se podían sumar outras. O Ilves viña de iniciar a principios de ano as súas actividades no special hockey, unha variante do hóckey sobre xeo practicada por persoas discapacitadas que poden patinar erguidas, e axiña aceptou a proposta de Markovaara.[1]
O 8 de abril celebráronse os primeiros adestramentos abertos na pista de xeo de Sentteri, en Kaukajärvi no que se lle emprestou unha zorra a todas as persoas interesadas, mentres que situaba o inicio das actividades regulares da sección en outono.[1]
Participantes
[editar | editar a fonte]Se ben a modalidade está destinada a persoas discapacitadas que non poden patinar erguidas, as actividades do equipo están abertas a toda persoa interesada, independentemente da súa idade ou diagnóstico, xa que na liga finesa poden competir mesmo persoas sen lesións.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Hirvonen, Mikko (15 de marzo de 2023). "Fysioterapeutti Eveliina Markovaara sai idean ja perinteikäs tamperelaisseura innostui – Ilves käynnistää parajääkiekkotoiminnan". Yle Uutiset (en finés). Consultado o 31 de agosto de 2023.