Imelda Staunton
Imelda Mary Philomena Bernadette Staunton, nada en Archway, Londres, o 9 de xaneiro de 1956,[1] é unha actriz inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Staunton naceu en Londres, filla única de Bridie (McNicholas), peiteadora, e Joseph Staunton, obreiro e traballou na construción de estradas.[2][3] A familia vivía sobre o salón de peiteado da súa nai.[4] Os seus pais eran inmigrantes católicos de primeira xeración do condado de Mayo (Irlanda).[5]
Animada por un mestre de oratoria da súa escola, Staunton participou en probas para escolas de arte dramática e entrou na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) aos dezaoito anos,[6] graduándose en 1976.[7][8]
O primeiro papel importante de Staunton no cinema foi no filme de 1986 Comrades. Comezou a recibir atención internacional en 1993 pola súa interpretación de Margaret no filme de Kenneth Branagh, Much Ado About Nothing, baseado na obra de William Shakespeare. Ese mesmo ano traballou na televisión con Richard Briers e Adrian Edmondson en If You See God, Tell Him.
Staunton compartiu o Screen Actors Guild Awards ao mellor elenco de 1998 por Shakespeare in Love. Tamén prestou a súa voz a varios filmes de animación, como Chicken Run, Arthur Christmas e The Pirates! In an Adventure with Scientists.
En 2004 Staunton recibiu os premios á mellor actriz nos BAFTA e no Festival de Venecia polo seu papel en Vera Drake, filme que tamén gañou o León de Ouro. Polo mesmo papel foi candidata ao Globo de Ouro e ao Óscar. En 2005 tivo un papel ocasional no programa de humor británico Little Britain como a señora Mead.
En 2007 Staunton interpretou a maquiavélica profesora Dolores Umbridge no filme Harry Potter e a Orde do Fénix, interpretación que foi describa como roubaescenas.[9] En 2010 volveu dar vida á mesma personaxe na sétima adaptación da saga, Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte).
Staunton foi escollida en 2020 para interpretar a raíña Isabel II na quinta temporada da serie The Crown, tomando o relevo das actrices Claire Foy e Olivia Colman que lle deron vida en etapas anteriores.[10][11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Staunton e o seu marido, o actor inglés Jim Carter, teñen unha filla, Bessie, nada en 1993. En 2007, os tres apareceron na serie da BBC Cranford.[12]
Staunton foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2006[13] e Comandante (CBE) en 2016, ambos nomeamentos polos seus servizos á arte dramática.[14]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1986 | Comrades | Betsy Loveless | |
1989 | A Sleeping Life | Polly Flinders | |
1990 | Yellowbacks | Cheryl Newman | |
1990 | They Never Slept | The Producer | |
1991 | Antonia e Jane | Jane Hartman | |
1992 | Os amigos de Peter | Mary Charleston | |
1993 | Much Ado About Nothing | Margaret | |
1993 | Deadly Advice | Beth Greenwood | |
1994 | Mole's Christmas | Village Mother | Voz. Curtametraxe |
1995 | Citizen X | Mrs. Burakova | |
1995 | Sense and Sensibility | Charlotte Jennings Palmer | |
1996 | Twelfth Night: Or What You Will | Maria | |
1996 | The Snow Queen's Revenge | Voz | |
1997 | Remember Me? | Lorna | |
1997 | The Ugly Duckling | Scruffy | Voz |
1998 | Shakespeare in Love | Nurse | |
2000 | Chicken Run | Bunty | Voz |
2000 | Rat | Conchita | |
2000 | Jack and the Beanstalk | Dilly | Voz |
2000 | Victoria Wood With All The Trimmings | Mrs. June Cottisloe | |
2001 | Another Life | Ethel Graydon | |
2001 | Crush | Janine | |
2002 | Ready | Naomi | |
2003 | The Virgin of Liverpool | Sylvia, Conlon | |
2003 | Bright Young Things | Lady Brown | |
2003 | Blackball | Bridget | |
2003 | I'll Be There | Dr. Bridget Jackens | |
2004 | Vera Drake | Vera Drake | BAFTA á mellor actriz BIFA Award á mellor actriz Premio do Cinema Europeo á mellor actriz London Film Critics Circle Award á mellor actriz Los Angeles Film Critics Association Award á mellor actriz National Society of Film Critics Award á mellor actriz New York Film Critics Circle Award á mellor actriz Copa Volpi Candidata ao Óscar á mellor actriz Candidata ao Golden Globe Award for Best Actress – Motion Picture Drama Candidata ao Screen Actors Guild Award á mellor actriz |
2005 | Nanny McPhee | Mrs. Joan Blatherwick | |
2005 | A Midsummer Night's Dream | Polly | |
2005 | My Family and Other Animals | Louisa Durrell (nai) | |
2006 | Shadow Man | Ambassador Cochran | |
2007 | Freedom Writers | Margaret Campbell | |
2007 | Harry Potter e a Orde do Fénix | Dolores Jane Umbridge | Candidata ao London Film Critics Circle Award á mellor actriz secundaria británica Candidata ao Saturn Award á mellor actriz secundaria |
2007 | How About You | Hazel Nightingale | |
2008 | Three and Out | Rosemary Cassidy | |
2008 | A Bunch of Amateurs | Mary | |
2009 | Taking Woodstock | Sonia Teichberg | |
2010 | White Other | Lynne McDermott | |
2010 | Alice in Wonderland | Tall Flower Faces | Voz |
2010 | Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) | Dolores Jane Umbridge | |
2010 | Another Year | Janet | |
2011 | The Awakening | Maud Hill | |
2011 | Arthur Christmas | Margaret Claus | Voz |
2012 | The Pirates! Band of Misfits | Raíña Vitoria | Voz Candidata ao Annie á mellor interpretación de voz |
2014 | Maleficent | Knotgrass | |
2014 | Pride | Hefina Headon | BIFA Award á mellor actriz secundaria Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria |
2014 | Paddington | Aunt Lucy | Voz |
2017 | Paddington 2 | Aunt Lucy | Voz |
2017 | Bailando a vida | Sandra | |
2017 | The Actor's Apprenticeship | Ela mesma | Documental |
2019 | Downton Abbey | Maud, Lady Bagshaw | |
2019 | Maleficent: Mistress of Evil | Knotgrass | |
2020 | Amulet | Sister Claire |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Imelda Staunton". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Huntman, Ruth (20 de marzo de 2015). "Imelda Staunton: My family values". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ "The dark arts and sheer magic of Imelda". Irish Independent. 29 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Brady, Tara (23 de febreiro de 2018). "Imelda Staunton: The Irish dancing teacher slapped me. I thought 'I'm never coming back'". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Craig, Olga (8 de decembro de 2008). "Imelda Staunton: My career is not about looks". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Margolies, Dany (15 de decembro de 2004). "Spotlight on Screen Actors Guild Awards: English Patient". Backstage. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Hemming, Sarah (22 de febreiro de 2014). "Interview: actress Imelda Staunton". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ "Imelda Staunton — RADA". Rada.ac.uk. Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ McCurry, Justin (29 de xuño de 2007). "Japan goes wild about Harry". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ "Imelda Staunton. la última reina de «The Crown»". ABC (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ Ravindran, Manori (31 de xaneiro de 2020). "'The Crown' Will End After Season 5 With Imelda Staunton as Queen Elizabeth". Variety. Consultado o 31 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Imelda Staunton on acting naturally" Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine. The Sunday Times, 21 de xuño de 2008
- ↑ "New Year Honours" (PDF). The London Gazette (Reino Unido: The Stationery Office) (57855): N12. 30 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de xuño de 2019. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ "New Year Honours List" (PDF). The London Gazette (Reino Unido: The Stationery Office) (61450): N10. 30 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imelda Staunton on the Red Carpet at the 77th Annual Academy Awards no YouTube
- Imelda Staunton in Conversation, filmed BAFTA event, marzo de 2009