In the Wake of Poseidon
In the Wake of Poseidon | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de King Crimson | ||||
Publicado | 15 de maio de 1970 | |||
Gravación | xaneiro - abril de 1970 | |||
Estudio(s) | Wessex Sound, Londres | |||
Duración | 41:05 | |||
Xénero(s) | rock progresivo | |||
Selo(s) | Island, Atlantic, Vertigo | |||
Produtor | Robert Fripp, Peter Sinfield | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
In the Wake of Poseidon é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo King Crimson, publicado o 15 de maio de 1970 a través dos selos Island Records en Europa, Atlantic Records nos Estados Unidos, Philips Records en Australia, e Vertigo Records en Nova Zelandia. Ata a data é o disco de King Crimsom que máis alto chegou nas listas británicas, acadando o número 4.[1]
O álbum foi gravado durante un período de inestabilidade dentro da banda debido a unha formación fluctuante. Segue un estilo musical e unha secuencia de cancións moi semellante ao seu primeiro traballo, In the Court of the Crimson King. O disco foi ben recibido pola crítica do seu tempo, que loubou a execución xeral e a calidade de produción como unha mellora con respecto ao seu álbum de estrea. Porén, recensións posteriores criticaron a súa forte dependencia do esquema establecido polo seu predecesor e, en xeral, consideran que o álbum é inferior.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os LPs europeos publicados por Island e Polydor teñen etiquetas erróneas que deixan fóra a "Peace – A Theme" e listan a "The Devil's Triangle" e aos seus tres movementos como catro temas distintos. A meirande parte dos LPs estadounidenses e xaponeses de Atlantic Records teñen a lista de cancións correcta.[2]
Tódolos temas escritos e compostos por Robert Fripp e Peter Sinfield, agás onde se indique.
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Peace – A Beginning" | 0:51 | |||||||
2. | "Pictures of a City (incluíndo "42nd at Treadmill")" | 7:57 | |||||||
3. | "Cadence and Cascade" | 4:35 | |||||||
4. | "In the Wake of Poseidon (incluíndo "Libra's Theme")" | 8:24 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
5. | "Peace – A Theme" (instrumental) | Robert Fripp | 1:15 | ||||||
6. | "Cat Food" | Fripp, Peter Sinfield, Ian McDonald | 4:52 | ||||||
7. | "The Devil's Triangle" (instrumental)
| Fripp, McDonald | 11:30
|
||||||
8. | "Peace – An End" | 1:54 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "King Crimson". www.officialcharts.com. Consultado o 2022-12-23.
- ↑ "King Crimson - In The Wake Of Poseidon" (en castelán). Consultado o 2022-12-23.