Saltar ao contido

Incendiario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Skyline Parkway Motel após dun incendio provocado o 9 de xuño de 2004 en Waynesboro (Virginia).

Incendiario é o termo habitualmente empregado para se referir á persoa que deliberadamente provoca un incendio. A diferenza do pirómano, o incendiario actúa con premeditación e planificación, ben por afán de lucro ou simplemente por intención de causar dano a terceiros. A piromanía, porén, é considerada como unha doenza mental encaixada no grupo de trastornos denominado trastornos do control dos impulsos.[1] O individuo pirómano padece unha sensación de ansiedade e malestar previa ao impulso pirómano, que só calma coa acción de provocar, observar ou ter coñecemento da provocación de lume.

Mentres que o termo pirómano refírese a unha patoloxía, o termo incendiario non diferenza os motivos polo que se provoca o lume, sendo unha definición máis ampla que engloba aos primeiros.

A conduta incendiaria característicamente adoita ser máis frecuente en homes que en mulleres, a razón de 4 a 1. A idade típica abrangue a idade media da vida.[2]

Ferramentas básicas do incendiario

[editar | editar a fonte]

Os incendiarios válense de diversas ferramentas para prender o lume, que van desde as diferentes bombas ou preparacións caseiras (un exemplo sería o cóctel molotov) até armas máis complexas como son os lanzachamas, os proxectís, os explosivos, os foguetes, as granadas, as minas e numerosas substancias químicas. Ás veces, as preparacións levan engadidos certos aceites a fin de facilitar a explosión.

  1. "Pyromania | BehaveNet". behavenet.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  2. Dresler Cid, Rodrigo Felipe. (23). "Perspectiva psiquiátrico forense en incendiarios." (PDF). Tese Doutoral de Medicina. Universidad Nacional de La Plata. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]