Infectoloxía
Infectoloxía ou infeccioloxía[1][2] é a especialidade médica que se ocupa do estudo das doenzas causadas por diversos patóxenos como prións, virus, bacterias, protozoos, fungos e animais.
Obxectivos e campos de estudo
[editar | editar a fonte]Esta disciplina inclúe a identificación de patóxenos, o mecanismo de transmisión das infeccións, o seu tratamento, así como a prevención das mesmas mediante vacinas e medidas profilácticas.
A infectoloxía ocúpase tamén do control de gromos de enfermidades, no estudo da resistencia aos antibióticos, e na elaboración de políticas de saúde pública.[3][4] Os especialistas en infectoloxía traballan estreitamente con epidemiólogos para rastrexar a propagación de enfermidades e con farmacólogos para desenvolver tratamentos efectivos.
Historia
[editar | editar a fonte]O desenvolvemento de vacinas e antibióticos marcou un antes e un despois na historia da medicina. A especialidade como un campo separado e claramente definido emerxeu a principios do século XX, aínda que o estudo das enfermidades infecciosas é moito máis antigo.
O estudo pormenorizado da resposta inmunitaria pode proporcionar coñecementos críticos sobre a progresión das doenzas infecciosas e a eficacia das intervencións médicas.
A pandemia de COVID-19 representou un fito na historia da infectoloxía, non só polo seu impacto global senón tamén porque impulsou avances na investigación, no desenvolvemento de vacinas a un ritmo sen precedentes, extraordinariamente rápido, e na comprensión da transmisión e tratamento de doenzas infecciosas.[5][6]
Áreas de estudo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ningún dos dous termos aparecen recollidos no DRAG, no bUSCatermos nin no dicionario galego de termos médicos, pero "infectoloxía" é habitual en publicacións do IDIS, da FPGIBGS, do CHUS e do SERGAS.
- ↑ "Microbioloxía e Infectoloxía ; Grupos de investigación - Servicio Galego de Saúde". portalcientifico.sergas.es. Consultado o 2024-11-13.
- ↑ Dhyani, Vineeta; Dhyani, Ashish; Joshi, Ritika (2025-01-01). Chawla, Malvika; Singh, Jaspal; Kaushik, R. D., eds. Chapter 60 - Antibiotic resistance: Pathophysiology, implications of overuse, and strategies for recovery. Academic Press. pp. 795–811. ISBN 978-0-323-95235-4.
- ↑ "Antibiotic resistance: synthesis of recommendations by expert policy groups Alliance for the Prudent Use of Antibiotic" (PDF). iris.who.int; Organización Mundial da Saúde. Consultado o 13 de novembro de 2024.
- ↑ "Coronavirus". www.who.int (en inglés). Consultado o 2024-11-14.
- ↑ "New study traces impact of COVID-19 pandemic on global movement and evolution of seasonal flu". ScienceDaily (en inglés). Consultado o 2024-11-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Infectoloxía |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Infectoloxía |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Medciclopedia: Dicionario de termos médicos (en castelán).
- Organización Mundial da Saúde: Enfermidades infecciosas.
----
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |