Iniciativa por el Desarrollo de Soria
Iniciativa por el Desarrollo de Soria | |
---|---|
Data de fundación | 2002 |
Sede | Soria |
País | España |
Na rede | |
http://www.idessoria.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Iniciativa por el Desarrollo de Soria (Iniciativa polo Desenvolvemento de Soria en galego) (IDES) é un partido político que actúa na provincia de Soria, na comunidade autónoma española de Castela e León.
Historia
[editar | editar a fonte]O IDES xurdiu como unha escisión do PSOE na Provincia de Soria en 2002. As primeiras eleccións nas cales participou esta formación foron as municipais de 2003, nas que obtiveron un bo resultado, mesmo lograron dous concelleiros na capital da provincia. Tras eses comicios, parecían boas as perspectivas de futuro deste partido, de feito chegaron a estar a piques de asinar un acordo de goberno co PP no concello de Soria, o cal gañara as eleccións pero carecía de apoios suficientes para gobernar. Porén, no último minuto o acordo escachou. En 2007, IDES logrou outro bo resultado tanto na provincia coma no concello de Soria; logrando dos concelleiros no concello e un representante na Deputación provincial. O partido gañador foi o PSOE, porén IDES e o PP pactaron, o cal deu o poder da alcaldía ao PP. En 2011, o partido obtivo uns resultados sobranceiros na provincia, aínda que iso non satisfixo os seus líderes debido á perda dos concelleiros en Soria capital e a perda do seu representante na deputación fronte á un partido de ideoloxía similar: a Plataforma del Pueblo Soriano. Estes resultados complicaron a estabilidade do partido dende entón[1].
O partido acordou[2] en setembro de 2014 presentar a súa candidatura en solitario ás eleccións autonómicas e municipais do maio do 2015. Non obstante o partido estivo a piques de non presentar candidatura ningunha na provincia debido á marcha dalgúns dirixentes e á falta de candidatos do partido; de feito IDES decidiu non presentar candidatura algunha a Soria capital debido a imposibilidade de crear unha lista propia para Soria capital; tampouco puido chegar a acordo ningún con ningún outro partido ou coalición para poder levalo a cabo[1]. Finalmente participará integrada na candidatura de Ciudadanos nas eleccións [3]
Actuacións políticas
[editar | editar a fonte]Destacan as seguintes actuacións a nivel político deste partido:
- A cualificación de 'La Laguna' de Soria como chan rústico con protección natural[4]
- Recuperación das marxes do Douro.[5]
- Selaxe do vertedoiro de Maltoso.
- Colexio infantes de Lara.
- Centro de saúde de La Milagrosa.
- Plans especiais de asfalto.
- Proxecto autovía Soria-Almazán.
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]- Respecto a todas as ideoloxías políticas.
- A defensa de Soria e dos seus intereses.
- Centrismo por enriba da imposicións ideolóxicas.
- Participación cidadá.
Resultados electorais[6]
[editar | editar a fonte]- Eleccións municipais 2003: votos:4.040; concelleiros: 21; porcentaxe de voto:7,48%
- Eleccións municipais 2007: votos:3.753; concelleiros: 20; porcentaxe de voto:7,16%
- Eleccións municipais 2011: votos:2.684; concelleiros: 26; porcentaxe de voto:5,26%
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de abril de 2015.
- ↑ http://sorianoticias.com/noticia/2014-09-21-ides-concurrira-elecciones-municipales-autonomicas-2015-19482
- ↑ http://www.icalnews.com/Mostrar.cfm/noticias/I/plataforma/pueblo/soriano/ides/integran/ciudadanos/decidir/quien/gobierna/diputacion/ser/llave/capital/331412
- ↑ PP e IDES se unen para formular a cualificación de 'A Lagoa' de Soria como chan rústico con protección natural
- ↑ "Cambiamos Soria". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2018.