Injun 4
Injun 4 / Explorer 25 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | USAF |
Data de lanzamento | 21 de novembro de 1964, 17:09 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout X4[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos.[2][6] |
NSSDC ID | 1964-076B |
Masa | 40,0 kg[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7790 km[1] |
Inclinación | 81,3 graos[1] |
Apoapse | 2305,8 km[1] |
Periapse | 533,2 km[1] |
Injun 4, tamén coñecido coa denominación Explorer 25, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 21 de novembro de 1964 mediante un foguete Scout X4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite Explorer 24.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Injun 4 foi o cuarto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre e estudar o quecemento atmosférico e o seu aumento coa altura; ademais tamén fixo medicións da radiación tanto natural como artificial atrapada nos cintos de radiación. Injun 4 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías e levaba a bordo unha grabadora de cinta e conversores de analóxico a dixital. Para transmitir datos en tempo real usaba un transmisor de amplitude modulada a 136,29 MHz, mentres que para transmitir datos da cinta usaba un transmisor de modulación por pulsos a 136,86 MHz. Injun 4 funcionou ata decembro de 1966.[2][5][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Injun 4 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]
- Analizador esférico de potencial retardado.
- Contador Geiger-Mueller.
- Detector de estado sólido.
- Detectores de sulfuro de cadmio.
- Detectores de partículas de plástico de centelleo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 25 (INJUN-4)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Injun 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Letter dated 5 February 1965 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 30 de novembro de 1964. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 25 / Injun 4" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IE B / Injun 4" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Injun" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.