Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia | |||
---|---|---|---|
Tipo | instituto ![]() | ||
Parte de | Consellería do Mar ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2004 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Vilagarcía de Arousa ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | intecmar.gal ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, INTECMAR, é o centro de referencia para o control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar, en Galicia.
Creouse por Lei no ano 2004 baixo a figura de Ente Público adscrito á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, asumindo as competencias e funcións do antigo Centro de Control do Medio Mariño (CCMM), do que é sucesor e do que tamén herdou as instalacións.
En 2021 foi nomeado como Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas[1], para asumir o papel de laboratorio asesor dos diferentes centros de control oficial autonómicos en todo o referente ás biotoxinas mariñas e formar ó seu persoan nas técnicas de laboratorio axeitadas[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Substituíndo ó centro de control de biotoxinas mariñas da Universidade de Vigo, que pasa a desenvolver o carácter de laboratorio de referencia europeo.
- ↑ La Voz de Galicia, 27.11.2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Biotoxina
- Biotoxina mariña
- IGAFA
- Toxina anmésica dos moluscos
- Toxina diarreica dos moluscos
- Toxina paralizante dos moluscos