Interkosmos 3
Interkosmos 3 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 7 de agosto de 1970, 2:59 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 6 de decembro de 1970[1] |
NSSDC ID | 1970-057A |
Masa | 400 kg[5] |
Interkosmos 3 (Интеркосмос 3 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 7 de agosto de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][4][6]
Características
[editar | editar a fonte]Interkosmos 3 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U2-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre. A bordo levaba instrumentos para a detección de protóns e electróns de alta enerxía e para a detección de ondas de radiofrecuencia no rango da VLF e un magnetómetro para medi-lo campo magnético nas súas tres compoñentes.[2][5]
Interkosmos 3 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1294 km de apoxeo e 201 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 99,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 6 de decembro de 1970.[1][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 3" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 3" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 3, 5, 9, 10, 12, 13, 14 (DS-U2-IK)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-U2-IK" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ "INTERCOSMOS 3 LAUNCHED" (PDF). 20 de agosto de 1970: 294. FLIGHT International. Consultado o 3 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vesely, V.; Sicha, M.; Laska, L. (1 de xaneiro de 1972). "APPARATUS PG-1 FOR THE STUDY OF THE RADIATION CHARACTERISTICS IN THE NEIGHBORHOOD OF THE EARTH BY SATELLITE INTERCOSMOS 3.". Bull. Astron. Inst. Czech. 23 (5): 293–297.
- Vakulov, P. V.; Grigorov, N. L.; Dubinsky, J.; Fisher, S. (1976). "Investigation of corpuscular radiation on the Intercosmos-3 and Intercosmos-5 satellites". The Intercosmos program.: 85–101.