Saltar ao contido

Interplay Entertainment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interplay Entertainment
TipoPublic company (NASDAQ: IPLY)
Fundación1983
LocalizaciónBeverly Hills, California,[1] Estados Unidos
FundadorBrian Fargo
Persoas claveHerve Caen
(CEO)
Eric Caen
(Presidente)
IndustriaIndustria dos videoxogos
ProdutosMDK
Fallout
Descent
ClayFighter
Earthworm Jim
Boogerman
BeneficioCrecente (crecemento) $6.01 million (ingresos)
Beneficio netoCrecente (crecemento) $5.86 million
Na rede
http://www.interplay.com/
Musicbrainz: 20058e6a-9cf2-4f15-8657-d7f915ff10a9 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Interplay Entertainment Corporation (NASDAQ: IPLY) é unha empresa estadounidense desenvolvedora e distribuidora de videoxogos, que foi fundada en 1983 como Interplay Productions por Brian Fargo. A compañía fora unha desenvolvedora de calidade ata que comezou a publicar os seus propios xogos en 1988, como Neuromancer e Battle Chess. Foi renomeada como Interplay Entertainment en 1998 e fíxose pública. Obtivo un éxito polo desenvolvemento e publicación de xogos de éxito como Fallout e Baldur's Gate, o último resultando ser o seu xogo máis vendido. Debido ás súas perdas financeiras, a distribuidora francesa Titus Interactive completou a súa adquisición do control maioritario da empresa, o cal provocou que o fundador Brian Fargo renunciase e se fose en 2002. No ano 2003, Interplay pechou Black Isle Studios e despediu a todo o persoal, ata que a empresa pechou en 2004 debido á notificación de desaloxo. Cando Titus pechou en 2005, Interplay unha vez máis converteuse en independente. En 2007, Interplay reiniciou o seu estudo de desenvolvemento de xogos interno e ten plans de desenvolver secuelas dalgunhas das súas IPs clásicas, despois de que Fallout fose vendida a Bethesda Softworks.

Descoñecido

[editar | editar a fonte]
  • 14 Degrees East situada en Beverly Hills (California), 14 Degrees foi a división de estratexia de Interplay. A compañía foi fundada o 3 de marzo 1999.[2]
  • FlatCat
  • Interplay Sports, situada tamén en Beverly Hills, foi a división de deportes de interior en Interplay. A compañía era coñecida anteriormente como VR Sports ata o cambio en 1998.[3]
  • Tantrum Entertainment
  • Tribal Dreams
  • Interplay Films, unha división de Interplay Entertainment, formouse en 1998 e ía converter sete dos títulos máis populares da compañía de videoxogos en películas, incluíndo Descent, Redneck Rampage e Fallout. O presidente da división era Tom Reed.
  • Black Isle Studios, en Orange County, California, comezou en 1996, pechou en 2003. Logo en 2012, reabriu segundo a páxina oficial de Interplay.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lista videoxogos de Interplay.
  • Another World (Out of this World nalgúns países).
  • Cyberia ( de 1995 aproximadamente).
  • Castles (2 xaneiro 1991) (Estratexia, aventura).
  • Castles II: Siege & Conquest (1 xaneiro 1992) (Rol, estratexia).

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. USPTO entry for the Descent game trademark (2008)
  2. MobyGames (ed.). "14° East". Consultado o 23 de abril de 2010. 
  3. Answers (ed.). "VR Sports". Consultado o 5 de xullio de 2010. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]