Ioannis Georgiadis
Nome orixinal | (el) Ιωάννης Γεωργιάδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de marzo de 1876 Trípoli, Grecia (pt) |
Morte | 17 de maio de 1960 (84 anos) Atenas, Grecia |
Educación | Universidade de Atenas - medicina |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina forense |
Ocupación | esgrimista, forensic pathologist (en) |
Empregador | Universidade de Atenas |
Nacionalidade deportiva | Grecia |
Deporte | esgrima |
Disciplina deportiva | esgrima |
Participou en | |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
1906 | Xogos Olímpicos de 1906 |
1896 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1896 - Sabre masculino (pt) (medalla de ouro olímpica) |
Ioannis Georgiadis, nado en Trípoli o 29 de marzo de 1876 e finado en Atenas o 17 de maio de 1960[1], foi un médico forense e tirador de esgrima grego, o primeiro gañador olímpico de sabre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Georgiadis estudou medicina e pertencía ao club deportivo Gymnastiki Eteria Patron e á sección de esgrima do exclusivo Athens Club. Competiu nos primeiros xogos da época moderna que se celebraron en Atenas en 1896 na modalidade de sabre e, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981) era xa virtual gañador da competición o austríaco Adolf Schmal cando entrou o rei no estadio e o torneo quedou anulado, volvendo empezar e nesta segunda volta Georgiadis gañou a todos os seus competidores, proclamándose campión. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 pero o xurado anulou a súa actuación por toques impropios. Nos Xogos Intercalados de 1906 logrou a medalla de ouro en sabre individual e prata en sabre por equipos. Estivo tamén nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.[2]
Médico forense organizou e dirixiu o Departamento forense do Depósito Municipal de Atenas (1904-1907) e o departamento antropométrico da policía (1909), foi profesor de medicinal legal e toxicoloxía na Universidade de Atenas de 1911 e 1952 e publicou varios libros e artigos científicos sobre a súa especialidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica, 18-5-1960, di: "morreu onte" (isto é o 17 de maio de 1960)
- ↑ "Ioannis Georgiadis Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 2010-03-26.
- Nados en 1876
- Nados na periferia do Peloponeso
- Finados en 1960
- Esgrimistas olímpicos de Grecia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de ouro por Grecia
- Médicos de Grecia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1896
- Esgrimistas de sabre
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1896
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924