Isabel Alba Rico
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1959 (65 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Escritora, guionista e fotógrafa |
Familia | |
Fillos | Nagua Alba |
Nai | Lolo Rico |
Irmáns | Santiago Alba Rico |
Isabel Alba Rico nada en Madrid o 6 de abril de 1959 é unha escritora, guionista e fotógrafa feminista española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e desde 1994 reside en San Sebastián.
Foi guionista de radio, cine e televisión, en programas como La bola de cristal ou Barrio Sésamo.[1] Foi membro da Asociación Profesional de Guionistas de Euskal Herría, da que foi presidenta entre 1999 e 2002. En 2012 dirixiu o documental Será feminista o no será.[2]
Impartiu cursos e obradoiros de guión para mozos e aulas de Linguaxe Audiovisual para nenas, nenos e adolescentes.[3]
Xunto á docencia no ámbito audiovisual, dedicouse a actividades artísticas como fotógrafa e escritora. Publicou a súa primeira novela, Baby Spot en 2003.
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- Gañadora do premio literario María de Maeztu na XIV edición polo relato Eda no ano 2010.[4]
- Finalista do Premio Euskadi de Literatura 2012 coa novela La verdadera historia de Matías Bran.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- Baby Spot (Montesinos, 2003)
- La verdadera historia de Matías Bran: El recinto de Weiser (Montesinos, 2011 - Piel de Zapa, 2022)
- 65% agua (Cambalache, 2015)
- La danza del sol (Acantilado, 2018)
- La ventana (Acantilado, 2022)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Detrás de la cámara (Anaya, 1999)
- Detrás de la cámara: cómo narrar en imágenes. Del guion a la película (Montesinos, 2011)[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Isabel Alba - Contrabandos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ Render. "Mujer y Memoria. Madres e hijas de la Transición española. Un proyecto de historia oral | bibliografía". Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "Información COMUNIDAD ESCOLAR 634". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ "Isabel Alba Rico gana el Premio literarios María de Maeztu | Donostilandia" (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2018.
- ↑ "Premios Literarios Euskadi 2012 - HABE - Gobierno Vasco - euskadi.eus". habe.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2023.
- ↑ "«Para contar historias con imágenes no basta saber manejar una cámara»" (en castelán). 24 de abril de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2019.