Isabel García Tejerina
Isabel García Tejerina, nada en Valladolid o 9 de outubro de 1968, é unha política española, membro do PP. Foi ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre 2014 e 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Isabel García Tejerina estudou no Colexio "La Enseñanza" de Valladolid, pertencente á Compañía de María. É enxeñeira agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciada en Dereito pola Universidade de Valladolid. Conta, ademais, con sendos máster en Comunidades Europeas pola Universidade Politécnica de Madrid e en Economía Agraria pola Universidade de California en Davis.
Desenvolveu practicamente a totalidade da súa carreira política no Ministerio de Agricultura, primeiro como asesora dos ministros Loyola de Palacio, Jesús Posada e Miguel Arias Cañete, e posteriormente como Secretaria Xeral de Agricultura e Alimentación no ente ministerial, en dúas etapas: de 2000 a 2004[1] e de 2012 a 2014.[2]
Foi, igualmente, directora de planificación estratéxica da empresa Fertiberia entre 2004 e 2012 e nese mesmo período, conselleira da compañía mercantil alxerina de fertilizantes Fertial S.P.A.[3]
O 28 de abril de 2014 foi nomeada ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en substitución de Miguel Arias Cañete.[4][5]
En xullo de 2020 renunciou ao seu escano no Congreso dos Deputados.
Predecesor: Miguel Arias Cañete |
Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España 2014 - 2018 |
Sucesor: Dolores Delgado (Agricultura, Pesca e Alimentación) Teresa Ribera (Transición Ecolóxica) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Real Decreto 1025/2000, do 2 de xuño, polo que nomea Secretaria Xeral de Agricultura e Alimentación a dona Isabel García Tejerina». BOE (3 de xuño de 2000).
- ↑ «Real Decreto 319/2012, do 3 de febreiro, polo que se nomea Secretaria Xeral de Agricultura e Alimentación a dona Isabel García Tejerina». BOE (4 de febreiro de 2012)
- ↑ «A vallisoletana García Tejerina, nova secretaria xeral de Agricultura e Alimentación». El Norte de Castilla (12 de febreiro de 2012).
- ↑ Real Decreto 303/2014, do 28 de abril, polo que se nomea Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a dona Isabel García Tejerina.
- ↑ «Rajoy fai un retoque mínimo no Executivo e nomea ministra a Tejerina». El País (28 de abril de 2014).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Nados en Valladolid
- Nados en 1968
- Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid
- Alumnos da Universidade de Valladolid
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)