Saltar ao contido

Isabel de Wittelsbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel de Wittelsbach

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Elisabeth in Bayern
(de) Elisabeth Amalie Eugenie, Herzogin in Bayern Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Elisabeth Amalie Eugenie in Bayern Editar o valor en Wikidata
24 de decembro de 1837 Editar o valor en Wikidata
Herzog-Max-Palais, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1898 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, acoitelamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena Editar o valor en Wikidata
Grand Mistress of the Order the Starry Cross (en) Traducir
24 de abril de 1854 – 10 de setembro de 1898
← Sofia da Baviera (pt) TraducirGisela da Áustria (pt) Traducir →
Consort of Hungary (en) Traducir
Consort of Austria (en) Traducir
Consort of Bohemia (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSissi
Sisi Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, cortesá Editar o valor en Wikidata
Interesada enHípica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloQueen Consort of Bohemia (en) Traducir (1854–)
Raíña (1854–)
Queen Consort of Hungary (en) Traducir (1854–)
Empress Consort of Austria (en) Traducir (1854–)
Emperatriz (1854–)
Duquesa (1837–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor en Wikidata
CónxuxeArquiduque Francisco Xosé (1854–) Editar o valor en Wikidata
FillosSofia Frederica da Áustria, Gisela da Áustria, Rodolfo de Habsburgo, Maria Valéria da Áustria Editar o valor en Wikidata
PaisMaximiliano, duque da Baviera Editar o valor en Wikidata  e Luísa Guilhermina da Baviera Editar o valor en Wikidata
IrmánsDuke Ludwig Wilhelm in Bavaria
Helena Carolina da Baviera
Carlos Teodoro, duque da Baviera
Maria Sofia da Baviera
Matilde Ludovica em Baviera
Sofia Carlota da Baviera
Maximiliano Emanuel da Baviera Editar o valor en Wikidata
ParentesIrene Castriota Scanderbeg, devanceiro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
10 de setembro de 1898Murder of Elisabeth of Austria (en) Traducir
24 de abril de 1854Marriage of Franz Joseph I of Austria and Duchess Elisabeth in Bavaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteElisabeth: keiserinde af Østerrige og dronning af Ungarn (en) Traducir
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX977610 WikiTree: Wittelsbach-90 Find a Grave: 7176 Editar o valor en Wikidata

Elisabetta Amalia Eugenia von Wittelsbach (Elisabeth Amelie Eugenie Herzogin in Bayern) ou Isabel de Wittelsbach, nada en Múnic o 24 de decembro de 1837 e finada en Xenebra o 10 de setembro de 1898, foi unha princesa bávara que chegou a ser emperatriz consorte de Austria entre 1854 e 1898 e raíña consorte de Hungría entre os anos 1867 e 1898.[1] No mundo xermanófono é máis coñocida como Isabel de Austria (Elisabeth von Österreich).

Pertencente á Casa de Wittelsbach, nacida coa dignidade de duquesa en Baviera e tratamento de Alteza Real, era filla do duque Maximiliano de Baviera e da princesa real Ludovica de Baviera.

Popularmente coñécese polo seu hipocorístico, orixinalmente Sisi, pero transformado en Sissi a raíz das películas de Ernst Marischka, grazas ás cales aínda se a recorda. Porén, algúns autores sosteñen, que o seu sobrenome tería sido en realidade Lisi, derivado de Isabel (Elisabeth en alemán).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, o duque Maximiliano Xosé pertenceu a unha dinastía da rama secundaria dos duques de Baviera e a súa nai, Ludovica, era filla do rei Maximiliano I de Baviera.

Con 16 anos, o 4 de abril de 1854, casou co Emperador de Austria, Francisco Xosé I de Habsburgo-Lorena. Polo seu matrimonio converteuse en Emperatriz de Austria e desde 1867 en Raíña de Hungría.

Dotada de gran beleza, caracterizouse por ser unha persoa rebelde, culta e avanzada para a súa época: fumaba, falaba varios idiomas, practicaba a equitación, escribía poesía, coidaba a súa figura, gustáballe viaxar e detestaba o protocolo da corte imperial de Viena, da que permaneceu afastada, debido en parte aos continuos enfrontamentos coa súa sogra, a arquiduquesa Sofía, e máis tarde pola morte da súa primoxénita Sofía e o suicidio do príncipe herdeiro, Rodolfo.

Ao ser coroada raíña de Hungría, o 8 de xuño de 1867 en Cfen, recibiu como obsequio o palacio Gödölö. Isto, xunto coas súas continuas viaxes a Hungría acrecentou o rumor dunha relación sentimental co conde Gyula Andrássy. Entre os seus destinos no estranxeiro cabe destacar Grecia e Irlanda. Tamén visitou cidades españolas como Palma, Alacant e Elx, onde bautizou a palmeira de sete brazos. Estivo tamén en Madeira recuperándose dunha tuberculose bastante grave.

Morreu o 10 de setembro de 1898 en Xenebra, asasinada polo anarquista italiano Luigi Lucheni, á idade de 61 anos.

  1. Respecto ao nome, os membros da familia Wittelsbach eran batizados levando seu título por apelido, é dicir Herzog in Bayern para os homes e Herzogin in Bayern para as mulleres. Porén, é correcto engadir von Wittelsbach entre o nome e o título, dado que ese é o apelido da dinastía.
  2. {{cita web|url=http://www.tuttobaviera.it/sissi-sisi.html%7Ctítulo=Sissi[Ligazón morta], Sisi oppure Lisi?|dataacceso=6 de xullo de 2024.