Isabelle Stone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1868 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 1966 (97/98 anos) North Miami, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Chicago Wellesley College |
Director de tese | Albert Abraham Michelson |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | física |
Empregador | Bryn Mawr School (en) Universidade Columbia Vassar College (pt) Sweet Briar College (en) |
Isabelle Stone, nada en Chicago en 1868 e finada en 1944, foi unha física estadounidense e unha das fundadoras da American Physical Society. Foi a primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Isabelle Stone era filla de Harriet e Leander Stone.[1] Estudou a licenciatura no Wellesley College, titulándose en 1890, e a mestría en Ciencias na Universidade de Chicago, onde se graduou en 1896.[2] Posteriormente realizou estudos de doutoramento na Universidade de Chicago, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento en Física nos Estados Unidos en 1897.[3]
Stone investigou sobre a resistencia eléctrica e outras propiedades das películas delgadas.[4] A súa tese, On the Electrical Resistance of Thin Films, demostrou que as películas de metal moi delgadas mostraban unha resistencia máis alta que as pezas de metal máis voluminosas.[5]
Stone foi profesora en varias universidades, entre elas a Bryn Mawr School e o Vassar College e foi unha das fundadoras da American Physical Society.[4][3] Dos 836 asistentes ao Primeiro Congreso Internacional de Física en París, foi unha das dúas mulleres presentes, a outra foi Marie Curie.
A data exacta da súa morte é descoñecida.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marilyn Bailey Ogilvie (1990). Women in Science: Antiquity Through the Nineteenth Century. MIT Press. p. 186. ISBN 026265038X.
- ↑ 2,0 2,1 "Stone, Isabelle" (en inglés). UCLA. Consultado o 19 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Richard Staley (2008). Einstein's Generation: The Origins of the Relativity Revolution. University of Chicago Press. p. 168. ISBN 0226770575.
- ↑ 4,0 4,1 Marilyn Bailey Ogilvie, Joy Dorothy Harvey (2000). The Biographical Dictionary of Women in Science: L-Z 2. Taylor & Francis. p. 1241. ISBN 041592040X.
- ↑ John M. Ziman (1969). The Physics of Metals, Volume 1. CUP Archive. p. 176. ISBN 0521071062.