Ismaël Lô
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1956 (68 anos) Dogondoutchi, Níxer |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, actor, compositor de cancións, cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1970 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz, Música africana, Blues e rock alternativo |
Instrumento | Guitarra, voz e Harmónica |
Selo discográfico | Barclay Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | ismael-lo.com |
|
Ismaël Lô, nado en Dogondoutchi, Níxer o 30 de agosto de 1956, é un músico senegalés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun senegalés e unha nixeriana, pouco tempo despois do seu nacemento, a súa familia volveu ao Senegal, onde se estableceron na cidade de Rufisque, preto da capital Dacar. É un cantante e artista moi versátil que, á parte das súas habilidades como cantante, tamén toca a guitarra e a harmónica.
Nos anos 70 Lô estudou na Escola de Arte de Dacar e máis tarde uniuse ao grupo Super Diamono, abandonándoo en 1984 para empezar a súa carreira en solitario. Durante os catro anos seguintes Lô gravou cinco álbums de grande éxito.
En 1990 Lô asinou un contrato musical con Barclay e gravou en Francia o seu sexto álbum: Ismael Lo. Grazas ao éxito do seu sinxelo "Tajabone", o disco tornouse nun hit nas listas europeas..
Iso foi gravado e publicado en 1994 e tamén se converteu nun éxito. O disco contén melodías de guitarra e música tradicional senegalesa como o mbalax. Ao ano seguinte Lô estivo de xira por África. O álbum recompilatorio Jammu Africa publicouse en 1996. A canción "Without Blame" é un dueto con Marianne Faithfull.
A canción "Tajabone" incluíuse na banda sonora da película Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar.
En 2002 concedéuselle o título de Cabaleiro Lexión de Honra.
O seu último álbum Sénégal, gravouse en Dacar, París e Londres. Lô di del: "Dándolle a este álbum o título de Sénégal foi a miña forma de pagar tributo ao meu país, en recoñecemento por todos os regalos que me deu".[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Gor Sayina (1981)
- [A] Yaye Boye Balalma / Gor Saay Na / Ale Lo/ Woudje Yaye -- [B] Tiedo / N'daxami / Sey / Adou Calpe
- Xatat (1984)
- [A] Xalat / Talibe / Lote Lo -- [B] Xamyl Dara / Mariama / Fa Diallo
- Xiif (1986)
- [A] Alal / Bode Gor / Xiif (Ethiopie Sahel) -- [B] Tiedo / Diouma / Marie Lo
- Natt (1986)
- [A] Ataya / Natt / Djola Kele -- [B] Samag La / Mougneul / Tadieu Bone
- Diawar (1988)
- [A] Jele Bi/ Sophia / Taar Dousey -- [B] Diawar / Jalia / Adou Calpe
- Wadiour (1990)
- [A] Wadiour / Diabar / Souleymane -- [B] Mbarawath / Nene / Tariha
- Ismael Lo (1990)
- Tajabone / Raciste / Ale Lo / Jiggeny Ndakaru / Fa Diallo / Souleymane / M'barawath / Nene
- Iso (1994)
- Dibi Dibi Rek / Nafantav / La Femme Sans Haine / Rero / Senegambie / Baol Baol / Naboou / Nassarane / Wassalia / Setsinala / Khar / Samayaye
- Jammu Africa (recompilación, 1996)
- Jammu Africa / Nafantav / Sofia / Tajabone / Raciste / Nabou / Without Blame / Dibi Dibi Rek / Lotte Lo / Souleymane / Samba Et Leuk / Takou Deneu / Khar
- Dabah (2001)
- Aiwa / L'Amour A Tous Les Droits / Biguisse / Amoul Solo / Dabah / Boulfale / Faut Qu'on S'Aime / Africa Democratie / Diour Sani / Badara / Ma Dame / N'Dally / Xalas / Mam
- Sénégal (2 de outubro de 2006)
- "Baykat"
- "Incha Allah"
- "Tass Yakar"
- "Jola"
- "Taar Dusey"
- "Manko"
- "Yaye Boye"
- "Plus Je Fais Ci, Plus Je Fais Ça"
- "Mbindane"
- "Wakhal"
- "Ouvriers"
- "Jiguen"
- "Ma Fille"
- "Tajabone"