Iván Pozo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1979 (45 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Deporte | boxeo |
Disciplina deportiva | flyweight (en) |
Iván Pozo, nado en Vigo o 26 de agosto de 1979, é un boxeador galego que pelexa na categoría dos peso mosca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A pesar de inicios persoais difíciles, axiña se fixo un sitio no boxeo de nivel galego e estatal. En 2004 conseguía o campionato de España, título que revalidaba en setembro de 2005. En xullo de 2005 conseguía ademais o título de campión de Europa, fronte ao italiano Andrea Sarritzu, título que perdería posteriormente, en 2007, diante do mesmo púxil. En 2009 recuperouno ao derrotar aos puntos o francés Christophe Rodríguez. O árbitro parou a pelexa no noveno asalto, logo de que o francés lle abrise a cella involuntariamente a Pozo, e non lle parase de sangrar. O posuidor do título, o tamén francés Bernard Inom, non quixo defendelo tras a súa retirada do boxeo[1].
Combateu por primeira vez polo título mundial dos peso mosca da Organización Mundial do Boxeo contra o arxentino Omar Narváez, o 9 de maio de 2008, no pavillón das Travesas de Vigo. O combate, a doce asaltos, rematou coa retirada do galego antes de comezar o oitavo[2], e non puido pois lograr o cetro de campión do mundo. De momento ningún galego o conseguiu.
Está representado por Lorenzo Sanz, é amigo persoal do futbolista Míchel Salgado, e o seu promotor é o personaxe televisivo español Kiko Matamoros. O seu adestrador é Francisco Amoedo.
Predecesor: Andrea Sarritzu |
Campión de Europa de boxeo peso mosca 2005 |
Sucesor: Andrea Sarritzu |
Predecesor: Bernard Inom |
Campión de Europa de boxeo peso mosca 2009- |
Sucesor: retén o título |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iván Pozo recupera el cinturón de campeón de Europa en peso mosca, As, 17/1/2009
- ↑ Iván Pozo tira a toalla y da a Narváez outro campionato do mundo Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine., Galicia-e, 10/05/08