Ivan Lovrenović
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1943 (81 anos) Zagreb, Croacia |
Educación | Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais da Universidade de Zagreb |
Actividade | |
Ocupación | pubblicista journalist (en) , historiador, escritor, ensaísta |
Xénero artístico | Ensaio, non ficción, novela histórica, historia, crítica (pt) e diario |
Premios | |
|
Ivan Lovrenović, nado en Zagreb o 18 de abril de 1943, é un xornalista, escritor e editor bosníaco de expresión croata e unha autoridade na cuestión da identidade dos croatas bosníacos [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia en Mrkonjić Grad e realizou estudos universitarios de croatoloxía e etnoloxía en Zagreb, logo de se licenciar e ata 1976 deu clase de lingua e literatura nun instituto de Mrkonjić Grad e logo traballou en Saraxevo na revista cultural Odjek, e foi editor das editoriais "Veselin Masleša" e "Svjetlost". En 1992 viviu no barrio de Grbavica, fortemente castigado durante a Guerra de Bosnia. En 1993 marchou da cidade sitiada cara a Zagreb, onde exerceu como diplomático na embaixada de Bosnia e mais como editor de Nenada Popović. Posteriormente exerceu en Berlín e tras o Acordo de Dayton volveu a Grbavica 1996, traballando como xornalista independente e columnista do BH Dani. É membro fundador do PEN Club de Bosnia e Hercegovina.
Obra
[editar | editar a fonte]Como xornalista escribiu desde 1970 en boa parte dos xornais de Bosnia e da antiga Iugoslavia, os seus artigos, ensaios e ficción traduciuse ao alemán, inglés, ruso, francés, español, polaco, checo, holandés, esloveno, macedonio e outras linguas. Os seus artigos sobre a guerra de Bosnia publicáronse no New York Times, Frankfurter Rundschau, Frankfurter Algemeine Zeitung, Die Zeit ou Le Messager Europeen.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Obašašća i basanja, prosa poética (Saraxevo 1975, Zagreb 2004)
- Putovanje Ivana Frane Jukića, novela (Mostar 1977, Saraxevo 1984, Zagreb 2003, Banja Luka 2005)
- Bosna i Hercegovina, monografía ilustrada (Saraxevo 1980)
- Književnost bosanskih franjevaca, ensaio (Saraxevo 1982)
- Skice, lajtmotivi, eseji (Banja Luka 1986)
- Labirint i pamćenje, ensaio (Saraxevo 1989, 1990, Klagenfurt 1994)
- Liber memorabilium, novela (Zagreb 1994, 2003)
- Ex tenebris, recompilación de artigos (Zagreb 1994, 2005)
- Bosna, kraj stoljeća, eseji, članci (Zagreb 1996)
- Unutarnja zemlja - kratki pregled kulturne historije Bosne i Hercegovine (Zagreb 1998, 1999, 2004)
- Bosanski Hrvati - esej o agoniji jedne evropsko-orijentalne mikrokulture (Zagreb 2002)
- Duh iz Sindžira, recompilación de artigos (Zagreb 2005)
- Poslije kraja (kronike) (Zagreb 2005)
- Sedam dana po Bosni (Zagreb 2009)
Antoloxías:
- Antologija bosanskohercegovačke pripovijetke XX vijeka, Enverom Kazazom e Nikolom Kovačem (Saraxevo 2000)
- Za gradom jabuka, 200 najljepših sevdalinki (Saraxevo 2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ivan Matić (2010) The Identityt of Croats in Bosnia and Herzegovina: The compelling differences" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2013.