Ivor Wood
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1932 Leeds, Reino Unido |
Morte | 13 de outubro de 2004 (72 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | cancro |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino Unido |
Ocupación | animador, ilustrador, produtor de cinema, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1960 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Ivor Aaron Wood, nado o 4 de maio de 1932 en Leeds e morto o 13 de outubro de 2004 en París, foi un director de animación, produtor de televisión, guionista británico coñecido polas súas series de televisión infantís.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ivor Wood, de pai inglés e nai francesa, naceu en Inglaterra pero a súa familia estableceuse preto de Lión despois da segunda guerra mundial, estudou artes en París e traballou nunha axencia de publicidade, onde coñeceu a Serge Danot con quen realizou Le Manège Enchanté que se emitiu na ORTF entre 1965 e 1977, con Wood realizando as tarefas de animador.
Logo do éxito da serie tamén no Reino Unido, Wood converteuse no animador e director de numerosos programas para nenos a partir de 1968 con The Herbs, durante a década de 1970 realizou Simon in the Land of Chalk Drawings, The Wombles e Paddington. Na década de 1980 realizou para a súa propia compañía de animación, Woodland Animations, series como O carteiro Pat, Gran, Bertha e Charlie Chalk.