Carracha común
Aparencia
(Redirección desde «Ixodes ricinus»)
Carracha común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ixodes ricinus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución da carracha común.
|
A carracha común (Ixodes ricinus) é unha especie de ácaro da familia Ixodidae. É unha carracha de corpo duro propia de Europa. É hematófaga (aliméntase de sangue) e perfora a pel coas súas pezas bucais. É un vector da febre bovina por carracha, da encefalite transmitida por carracha e da doenza de Lyme.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os machos miden uns 2,5 mm aproximadamente, mentres que as femias alcanzan entre 3 e 4 mm, aínda que tras alimentarse pode chegar aos 10 mm.[2] Os machos presentan o corpo cuberto por unha cuncha maciza, a cal nas femias só se atopa na parte anterior do corpo, polo que a a zona posterior é moi flexible.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GCiencia, ed. (11 de xullo de 2019). "Un estudo insiste no elevado risco pola borreliose das carrachas en Galicia". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Bellmann, H. Arácnidos, Crustáceos y Miriápodos (en español). Madrid, España: Ediciones Blume. ISBN 84-8076-065-6.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carracha común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carracha común |