J.J. Santos
(2016) | |
Nome orixinal | (es) J. J. Santos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) José Javier Santos Rubio 29 de xullo de 1960 (64 anos) Madrid, España |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - xornalismo (1978–1983) Facultad de Medicina (Universidad Complutense de Madrid) (en) - licenciado en Medicina (1977–1978) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, realizador de rádio (pt) , Tertuliano radiotelevisivo, comentarista deportivo, empresario de medios, locutor, presentador de novas, presentador de televisión, escritor |
Empregador | Grupo PRISA (2000–2002) RTVE (1997–2000) Atresmedia (1991, 2002–1994, 2006) Mediaset España (1991, 1994, 2006–1991, 1997) Radio España (en) (1978–1991) |
Xénero artístico | Jornalismo desportivo (pt) |
Familia | |
Fillos | Raúl, Sergio |
Premios | |
| |
José Javier Santos Rubio, tamén coñecido como J. J. Santos, nado en Madrid o 29 de xullo de 1960, é un xornalista deportivo español. É, dende 2006, o subdirector de informativos para a área de deportes da cadea de televisión Telecinco, onde exerce tamén como narrador de partidos e presentador da sección de deportes do respectivo telexornal.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en febreiro de 2017. |
Os seus inicios profesionais remóntanse a 1978, cando se incorpora a Radio España de Madrid. Durante anos, dirixiu o espazo El Deportivo nas madrugadas da emisora até fichar en 1991 por Onda Cero, onde se fai cargo de El Penalti. En Telecinco conduciu o espazo deportivo Futbolísimo en 1991 xunto a Andrés Aberasturi.[2]
En 1987 recibiu a Antena de Ouro.
En 1994, o entón director de informativos da cadea, Luís Mariñas, decide incorporalo á sección deportiva do informativo que conducía José Ribagorda. Ademais narrou o Giro de Italia.
En 1997 produciuse a súa fichaxe, xunto coa de Ribagorda, por Televisión española, e durante os seguintes tres anos fíxose cargo da sección de deportes no Telediario.
Pasa nese momento, no ano 2000, a centrar a súa actividade no diario As.
Posteriormente, en 2002, marchou a Antena 3 como presentador da sección deportiva na segunda edición do informativo Antena 3 Noticias, xunto con Matías Prats, ademais de asumir a dirección de deportes da cadea.
Coincidindo co seu paso por Antena 3, e entre 2004 e 2006, conduciu o espazo deportivo Al primer toque na emisora Onda Cero, labor no que substituíu a Manu Carreño.
Finalmente, en 2006 Pedro Piqueras faise coas rendas das noticias en Telecinco e Jota Santos de novo conduce a sección de deportes dos Informativos de Telecinco, tras o abandono de Juan Antonio Villanueva.
Con Telecinco en 2010 retransmitiu algúns partidos do Mundial de Suráfrica.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "JJ Santos ficha por Telecinco". vertele (en castelán). 31 de agosto de 2006.
- ↑ Caminal, Jordi Batlle (13 de agosto de 1991). "Futbolísimo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ "Entrevista - Memorias de Sudáfrica 2010 con J.J. Santos: "Fue el Mundial perfecto, imposible sacarle más partido en TV"". vertele (en castelán). 10 de xullo de 2020.