Saltar ao contido

Luis Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Mariñas
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión, director de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBeatriz Pérez-Aranda Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1399902 BNE: XX1017000 BUSC: marinas-luis-1947-2010 Editar o valor en Wikidata

Luis Mariñas Lage, nado na Coruña o 7 de agosto de 1947 e finado en Madrid o 27 de decembro de 2010[1], foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Televisión española (1969-1990)

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria profesional en 1969, en Televisión Española, onde permaneceu durante os seguintes vinte anos. En 1974 é nomeado director de TVE en Galicia, onde puxo en marcha o programa Panorama de Galicia, primeiro programa rexional informativo da historia da televisión galega. Foi tamén o primeiro de utilizar o galego nun programa informativo[2]. En 1977 é destituído como director dese programa por presións políticas[3].

En 1981 foi nomeado responsable da Área Nacional dos Informativos de TVE. En 1982, foi nomeado director da primeira edición de Telediario e entre 1983 e 1984 o foi da segunda, que se emitía ás 21,00.

En 1987 comezou a facerse máis popular cando se lle asinou, de novo, a dirección e ademais a presentación do Telediario de ámbito nacional, labor no que permaneceu ata 1990.

Telecinco (1990-1998)

[editar | editar a fonte]

Ese mesmo ano foi contratado por Valerio Lazarov, daquela á fronte da recentemente nacida canle de TV Telecinco para que puxese en marcha os informativos da emisora.

Mariñas foi Director de Informativos en Telecinco entre 1990 e 1998, e durante ese tempo, a parte das novas, tamén dirixiu e presentou outros programas de debate e entrevistas. O 31 de maio de 1993 moderou o segundo debate televisado entre Felipe González e José María Aznar para as eleccións xerais de 1993.

Televisión española (1998-2004)

[editar | editar a fonte]

En 1998 foi relevado do seu cargo en Telecinco e abandonou a canle para volver a Televisión Española, onde, durante seis tempadas, ata 2004, presentou e dirixiu o espazo informativo matinal Los desayunos de TVE.

Telemadrid (2004-2010)

[editar | editar a fonte]

En 2004 pasou á canle autonómica madrileña Telemadrid, para facerse cargo das Noticias. En 2005 deixou ese labor para conducir o programa divulgativo Años Luz na mesma cadea.

En febreiro de 2007 estreou tamén programa en Canal Sur, chamado Vista Pública.

O seu último traballo foi o de Director de Comunicación de Portos do Estado.

  1. http://www.abc.es/20101227/medios-redes/muere-luis-marinas-201012271520.html
  2. "Academia de las artes y las ciencias de televisión". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2010. 
  3. Varios autores. Galicia. Realidade económico e conflito social. Servicio de Estudios del Banco de Bilbao, 1978