Neon Yang
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1980 (34/44 anos) |
Educación | University of East Anglia School of Literature Drama and Creative Writing (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Sitio web | neonyang.com |
Neon Yang[1] (necrónimo: JY Yang), nada en 1982, é unha persoa escritora de Singapur, coñecida pola súa ficción especulativa en lingua inglesa. Destaca pola serie de novelas curtas do Tensorado (en inglés: Tensorate), publicadas por Tor.com. Por elas, foi finalista dos premios Hugo, Locus e Nébula, entre outros.[2][3] A primeira obra da serie, The Black Tides of Heaven ("As mareas negras do ceo", 2017), foi nomeada entre os 100 mellores libros de fantasía da historia pola revista Time.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yang naceu en Singapur en 1982. É unha persoa non-binaria e queer que emprega os pronomes ingleses they e them.[5] No 2020, mudou oficialmente o seu nome a Neon.[1] Fixo un mestrado en Escrita Creativa pola Universidade de East Anglia,[6] e no 2013 pertenceu ao Clarion West Writers Workshop.[7]
Yang comezou a publicar contos de ficción en 2012 en revistas como Clarkesworld, Lightspeed, Uncanny Magazine, Apex Magazine ou Strange Horizons.[8] A súa obra Waiting on a Bright Moon ("Agardando por unha lúa brillante") foi finalista do premio Locus de 2018, na categoría de mellor Novela Curta.[9] Por outra banda, Circus Girl, The Hunter, and Mirror Boy foi finalista dos premios Ignyte de 2020.[10]
A súa serie de novelas curtas do Tensorado comezou en 2017, coa publicación simultánea de The Black Tides of Heaven e The Red Threads of Fortune ("Os fíos vermellos da fortuna").[11] Ambas foron recibidas con boas críticas.[11] A primeira delas foi finalista dos premios Nébula de 2017 na categoría de mellor Novela Curta e dos premios Hugo de 2018, entre outros.[2][3] En 2018 e 2019 saíron do prelo dous libros máis, The Descent of Monsters ("O descenso dos monstros") e The Ascent to Godhood ("O ascenso cara a divindade"), respectivamente.[12][13]
A primeira novela longa de Yang, The Genesis of Misery ("A xénese da miseria"), parte dunha futura triloxía (The Nullvoid Chronicles), foi publicada en setembro de 2022.[14] Trátase dunha revisión da historia de Xoana de Arco (1412-1431), mais dentro do xénero da space opera.[15]
Obra
[editar | editar a fonte]A obra de Yang xira arredor da idea "do corpo humano como un recipiente para a narración", e baséase na súa experiencia previa nos eidos da bioloxía molecular, o xornalismo e a divulgación científica.[16] Yang describiuse como unha persoa "fondamente pesimista respecto da natureza humana", aínda que recoñece a capacidade de mitigar os aspectos máis negativos das nosas accións, o que se reflicte en gran parte da súa literatura.[17]
Nas súas palabras, a serie do Tensorado é "fantasía científica asiática e queer".[18] Algúns críticos definiron o seu estilo como silkpunk (un xogo de palabras con silk ou "seda" e xéneros como o steampunk ou o cyberpunk).[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "NEON YANG ✍🏼 (they/them) on Twitter". web.archive.org (en inglés). 2020-09-01. Consultado o 2024-12-17.
- ↑ 2,0 2,1 Kevin (2018-04-01). "2018/1943 Hugo Award Finalists Announced". The Hugo Award (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ 3,0 3,1 Tor.com (2018-02-20). "Announcing the 2017 Nebula Awards Nominees". Reactor (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "'The Black Tides of Heaven' Is on TIME's List of the 100 Best Fantasy Books". Time (en inglés). 2020-10-15. Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "About Me". IT'S NEON YANG (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Wagner, Wendy (2018-07-26). "Interview: JY Yang". Lightspeed Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Tor.com (2022-01-12). "A Space Opera Twist on Joan of Arc: Revealing The Genesis of Misery by Neon Yang". Reactor (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "Summary Bibliography: JY Yang". www.isfdb.org. Consultado o 2024-12-17.
- ↑ locusmag (2018-06-23). "2018 Locus Awards Winners". Locus Online (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ locusmag (2020-10-18). "Ignyte Awards Winners". Locus Online (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ 11,0 11,1 "J.Y. Yang's two novellas are like rojak, a surprisingly delicious blend of unexpected flavours". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "The Descent of Monsters by Jy Yang". www.publishersweekly.com. Invalid date. Consultado o 2024-12-17.
- ↑ JY, Yang. "The Descent of Monsters". Library Journal. Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Bui, Ammi. "The Genesis of Misery". Library Journal (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Tor.com (2020-09-28). "Joan of Arc Meets Space Opera: Announcing a New SF Trilogy From Author Neon Yang". Reactor (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Markov, Haralambi (2016-07-29). "Innumerable Voices: The Short Fiction of JY Yang". Reactor (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ Wagner, Wendy (2018-07-26). "Interview: JY Yang". Lightspeed Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "IT'S NEON YANG". IT'S NEON YANG (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
- ↑ "J.Y. Yang's two novellas are like rojak, a surprisingly delicious blend of unexpected flavours". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2024-12-17.