Steampunk
O steampunk é un subxénero da ficción científica, froito dun século XIX imaxinario e anacrónico, que comezou a ter auxe entre as décadas de 1980 e 1990. O termo "steam" significa vapor en lingua inglesa, xa que este movemento baséase nun futuro alternativo no que se desenvolve a mecánica e a enerxía do vapor en troques da electrónica, facendo fincapé na estética das sociedades burguesas de finais do século XIX e no estilo vitoriano.
Características
[editar | editar a fonte]Os seus mundos están ambientados nunha época onde aínda se empregaba amplamente a enerxía do vapor —usualmente no século XIX e decote na Inglaterra vitoriana—, pero con elementos que proveñen da ciencia ficción ou da fantasía, inventos tecnolóxicos ficticios coma os das obras de H.G. Wells ou desenvolvementos tecnolóxicos reais coma os computadores. O subxénero é asociado decote co cyberpunk, co que comparte unhas bases semellantes de fans e temática de rebelión, pero coma movemento separado.
Outros exemplos de steampunk conteñen presentacións de historias cunha fasquía tipo "o que acontecería se" certa tecnoloxía fose desenvolta naquela época até as súas derradeiras consecuencias, coma os dirixíbeis, os computadores analóxicos ou os de mecánica dixital (coma a máquina analítica de Charles Babbage).
Obras literarias
[editar | editar a fonte]- A máquina diferencial, William Gibson e Bruce Sterling. A Factoría de Ideas 2006
- Airborn (2003), de Kenneth Oppel
- As portas de Anubis - Tim Powers
- Imperio do Aceiro - Caar.H.Schitch
- A estación da rúa perdida- China Miéville
- A triloxía A materia escura - Philip Pullman
Outras obras
[editar | editar a fonte]- Filmes
- The Golden Compass - ano 2007, adaptación do primeiro tomo da triloxía de Philip Pullman A materia escura.
- Rocketeer - ano 1991
- Wild Wild West - ano 1999
- The League of Extraordinary Gentlemen - ano 2003
- Sky Captain and the World of Tomorrow - ano 2004
- Steamboy - ano 2004, de Katsuhiro Otomo
- Hauru no Ugoku Shiro (animación) 2004
- Sucker Punch - ano 2011
- Series de animación
- Videoxogos
- Banda deseñada
- A cidade dos mortos (de Francis Porcel)
- A Liga dos Homes Extraordinarios
- SteamPunk
- Steamboy (de Katsuhiro Otomo)
- Xogos de Rol
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L'Extraordinaire Uchronie, un evento steampunk celebrado en Santiago de Compostela o 7 de maio de 2011 (en castelán).