Jacinto
Jacinto | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jacinto |
Director | Javi Camino |
Produtor | Xabier Eirís |
Guión | Javi Camino |
Intérpretes | Pedro Brandariz Ánxela Baltar |
Música | Wenceslao Lamas López |
Fotografía | Fran Arnoso |
Montaxe | Javi Camino |
Estudio | Vizuals Lab. |
Distribuidora | One Eyed Films |
Estrea | Sitges: 14 de outubro de 2021 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Terror e suspense |
Recadación | 7.635,40 €[1] |
Na rede | |
Jacinto é un filme galego de 2021 dirixido e escrito por Javi Camino. Estreouse o 14 de outubro de 2021 no Festival de Cinema de Sitges. Na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 11 categorías,[2] resultando gañador en catro delas, mellor interpretación masculina protagonista para Pedro Brandariz, mellor dirección artística, mellor maquillaxe e peiteado e mellor deseño de vestiario.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]"Trailer Jacinto (Javi Camino, 2021)". YouTube. Vizuals. |
Jacinto é un neno de nove anos atrapado no corpo dun home de case cincuenta. Vive cos seus pais anciáns en Mallou, unha aldea en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto construíu un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas artistas escuras de black metal que veñen de Suecia na procura dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda. Os mundos de ambas as familias non poderían ser máis diferentes, e non tardan en aparecer os primeiros roces e problemas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Pedro Brandariz como Jacinto Becerra
- Ánxela Baltar como Alexandra Pulido
- Corinna Rautenberg como Ana Nödveit
- Juanma Buiturón como Millán Becerra
- Pilar Miguélez como Maruja Becerra
- Miro Magariños como Amancio Becerra
- Xúlio Abonjo como guindastrista
- David Perdomo como increpador da cantina
- Antón Coucheiro como increpador da cantina
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Jacinto". Consultado o 14 de novembro de 2024.
- ↑ crtvg.es, ed. (18 de marzo de 2022). "Gran despregadura técnica e humana da TVG para ofrecer este sábado en directo a gala dos XX Premios Mestre Mateo". Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ sede.mcu.gob.es (ed.). "Jacinto no Catálogo do Cine Español" (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de filmes en galego con maior recadación
- Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming