Pedro Brandariz
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1978 ![]() San Pedro de Nós, España ![]() |
Morte | 22 de febreiro de 2022 ![]() Calo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Pedro Brandariz Gómez, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 11 de febreiro de 1978 e finado en Calo (Teo) o 22 de febreiro de 2022,[1] foi un actor e monologuista galego. Formou parte da compañía teatral galega Teatro do Astracán, fundada en 2012.[2]
No mesmo ano do seu pasamento, recibiu unha homenaxe do concello da Coruña ao ser situada unha silueta súa na céntrica Praza do Humor.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi colaborador da CRTVG, participando en programas como o Luar. No ano 2018, recibiu un Mestre Mateo na 16ª edición dos premios á mellor serie web por Peter Brandon, unha vida pola comedia, na que participaron os actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro. No ano 2022, recibiu postumamente un Premio Mestre Mateo na 20ª edición dos premios ao mellor actor pola súa actuación en Jacinto.[4]
Entre os seus espectáculos, salientan Os poderes de Rosalía, Contos Choqueiras e O Inventor das Palabras.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Falece o actor e contacontos Pedro Brandariz". Diario Nós. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 22 de febreiro de 2022.
- ↑ "Teatro do Astracán". teatrodoastracan.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 2018-04-24.
- ↑ "A Coruña disporá unha lembranza eterna na praza do Humor para Pedro Brandariz". El Correo Gallego.
- ↑ "'Hierro' triunfa en los Mestre Mateo, que reconocen al fallecido Pedro Brandariz". Quincemil (A Coruña). 20 de marzo de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web Arquivado 23 de outubro de 2021 en Wayback Machine.