Teatro do Astracán
Teatro do Astracán | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 2012 |
Sede | Galicia |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Teatro do Astracán é unha compañía teatral galega creada en 2012. O seu elenco está formado por Pedro Brandariz, Fran Campos, Saleta Fernández, Abrahán Sande, Alberto Torres e Rogelio dos Outeiros. A compañía xorde do traballo de formación realizado por Fran Rei, especializado en clown, ao abeiro da Escola Artística de Cuntis. Logo de sete anos de teatro amador, deciden dar o paso á profesionalización, con Fran Rei como director artístico. A única montaxe da compañía foi a comedia Ladrón e familia (Non tutti i ladri vengono per nuocere no seu título orixinal en italiano), de Dario Fo.[1][2] Estreouse en 2012 no Auditorio Patelas de Cuntis, baixo a dirección de Evaristo Calvo e tradución e adaptación do texto de Avelino González. Saleta Fernández e Alberto Torres crean a súa propia compañía, Código Morsa, en 2014.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teatro do Astracán". teatrodoastracan.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 2018-04-24.
- ↑ Villar, Elena. "Concello da Estrada". www.aestrada.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2018-04-24.
- ↑ "Saleta Fernández | Culturactiva". www.culturactiva.org. Consultado o 2018-04-24.