Saltar ao contido

Javier Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Veiga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Escuela Superior de Arte Dramático Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, guionista de cinema, actor de cinema, produtor de cinema, guionista, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeMarta Hazas Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0892011 Twitter: veigajavier Instagram: veigajavier Editar o valor en Wikidata

Javier Veiga Rubirosa, nado no Grove o 11 de febreiro de 1973, é un actor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou os estudos de Arquitectura na Coruña, deixounos para marchar a Madrid. É licenciado pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) e realizou numerosos cursos e talleres de perfeccionamento: humor, verso, comedia da arte, esgrima, voz ou canto.

Os seus inicios como actor teñen lugar no teatro, onde participou en múltiples espectáculos chegando a crear a súa propia compañía, Teatro Impar. Tamén dirixiu a obra Tonto el que lo lea. Na década de 1990 colaborou nalgunhas series de éxito, pero o que realmente o lanzou á fama foi o seu traballo como presentador do espazo El Club de la Comedia, en Canal +. Participou en varias películas como Escuela de seducción ou O ano da carracha.

Foi protagonista dunha campaña publicitaria da ONCE.[Cómpre referencia]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
Como actor
Personaxes episódicos
Como presentador

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • Premio ó mellor director no XXII Festival Nacional de Teatro de Guadalajara pola obra Casa con dos puertas.
  • Premio ó mellor actor e mellor director no XIX Certame Nacional de Teatro Arcipreste de Hita por Voldemar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]