José Miguel Contreras
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
José Miguel Contreras, nado en 1958 en Madrid, é un empresario da comunicación español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático en Comunicación Audiovisual e Publicidade, os seus inicios profesionais foron na prensa (El País) e na radio (Radio 3 de RNE e Radio El País). Porén ligouse rapidamente á televisión, ante as perspectivas das cadeas privadas e as autonómicas. Foi director de programas de Canal + e director de programas e deportes en Telemadrid.
En 1993 creou a primeira compañía de mercadotecnia e investigación televisiva de España e Iberoamérica, o GECA (Gabinete de Estudios de la Comunicación Audiovisual). A súa fusión con Globomedia e Promofilm deu orixe ao Grupo Árbol. Contreras é socio conselleiro e membro do comité de dirección do holding, e é ademais conselleiro delegado de La Sexta.