Saltar ao contido

Infolibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infolibre
Fundación7 de marzo de 2013
DirectorDaniel Basteiro
Tendenciaprogresismo, esquerda política
LinguaCastelán
LocalidadeMadrid
ÁmbitoEspaña España
ImpresiónDixital
PeriodicidadeDiario
ISSN2445-1592
Na rede
http://www.infolibre.es
Facebook: infolibre.es Twitter: _infoLibre Telegram: infoLibre_es Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

infoLibre é un diario dixital en español publicado por primeira vez o 7 de marzo de 2013. A súa redacción localízase en Madrid, España.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

É un diario creado por xornalistas procedentes, entre outros, dos diarios Público, El País e Radio Televisión Española, cunha liña editorial progresista. É pioneiro no mercado de medios dixitais españois polo seu modelo de negocio, no que unha parte dos contidos son de pago e pechado para subscritores. Os abonados do diario reciben un avance diario de contidos cara á medianoite e unha revista mensual en papel e en formato dixital, TintaLibre, dedicada a crónicas e reportaxes, e cuxo primeiro número saíu a venda o 9 de marzo de 2013.[2]

Dirección

[editar | editar a fonte]

InfoLibre e TintaLibre están dirixidos editorialmente por Jesús Maraña, exdirector de Público. O director do diario dixital é o tamén experiodista de Público Manuel Rico, e completan o equipo de dirección Juan Carlos Ortiz de Elguea (subdirector), Fernando Varela (redactor xefe) e Yolanda González (correspondente política). Á cabeza de TintaLibre está Ramón Reboiras.[3]

Accionistas, socios e apoios

[editar | editar a fonte]

InfoLibre conta con varios socios que achegan capital, entre eles editoriais, como o diario dixital francés Mediapart e Daniel Fernández, presidente da editorial Edhasa.[4] Ademais das cotas abonadas polos socios, finánciase a través dunha Sociedade de Amigos, á que pertencen figuras do mundo da cultura como Luis García Montero, Emilio Lledó, Fernando León de Aranoa, El Gran Wyoming, Almudena Grandes, Joaquín Sabina, Pedro Almodóvar, Gonzalo López Alba e Baltasar Garzón, entre outros.[5]

A estrutura accionarial debe ser tal que respecte por estatutos o control único e exclusivo polos xornalistas sobre a información e os criterios editoriais. O principal accionista individual é unha sociedade formada polos cinco xornalistas fundadores. Desde a súa orixe, InfoLibre renunciou aos así chamados "acordos institucionais" opacos mediante os que as grandes empresas financian á inmensa maioría dos medios de comunicación a cambio de publicidade e/ou outros acordos.[6]

  1. "Dirección y teléfonos". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 27 de abril de 2016. 
  2. "tintaLibre, ya en los quioscos". Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  3. Maraña, Jesús. "El tiempo del periodismo". infolibre.es (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  4. Rubio Jordán (2014), p. 495
  5. Rubio Jordán (2014), p. 496
  6. "infoLibre – Información libre e independiente". Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]